Definicións. Alimentación enteral SNG

Definicións. Alimentación enteral SNG

.

​- Alimentación enteral- consiste na administración dos nutrientes a través dunha sonda; un dos seus extremos quedará ao exterior e o outro nun dos distintos tramos do tubo dixestivo. Neste caso, a alimentación salta algunhas fases do proceso dixestivo, como son a fase bucal e a esofáxica. Este tipo de alimentación utilízase cando non é posible a alimentación voluntaria e o aparato dixestivo segue mantendo a súa funcionalidade.
​- Nutrición enteral (NE)- técnica de soporte nutricional consistente na administración de mesturas nutritivas para infundir directamente no estómago ou intestino a través dunha sonda, ostomía ou por vía oral.
​- Gastrostomía endoscópica percutánea (PEG)- é unha técnica endoscópica que permite a colocación dunha sonda flexible para crear unha comunicación temporal ou permanente entre a parede abdominal e a cavidade gástrica, asegurando, deste xeito, a alimentación directa ao tubo dixestivo do paciente.
​- Interacción fármaco-nutriente- alteracións producidas nos efectos terapéuticos dun medicamento en razón da inxestión concomitante con alimento.
​- Sonda nasogástrica/nasoenteral- tubo flexible que se insire polo nariz ata o estómago.
​- Xexunostomía- trátase da comunicación percutánea do xexún co exterior. Empréganse sondas similares ás da gastrostomía con calibre lixeiramente inferior. As súas indicacións son as mesmas coa vantaxe dunha menor incidencia en episodios de refluxo.
A complicación máis grave é a saída de líquido nutricional á cavidade peritoneal coa peritonite conseguinte.

​- pH- potencial de hidroxenións. Medida de acidez ou alcalinidade dunha disolución

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde