Administración da nutrición enteral por sonda

Administración da nutrición enteral por sonda

Está en fase de revisión e en breve estará dispoñible a súa actualización.

NOTA: Dado que transcorreron máis de 5 anos desde a publicación do procedemento, as recomendacións que contén han de ser consideradas con precaución.

A nutrición enteral (NE) defínese como unha técnica especial de alimentación que consiste en administrar os diferentes nutrientes a través dunha sonda, colocada nun tramo do tracto dixestivo, suprimindo as etapas orofarínxea e esofáxica da deglutición.
 
​Este procedemento pretende documentar a administración de nutrientes por vía dixestiva, a través dunha sonda nasogástrica/nasoenteral, gastrostomía ou xexunostomía incorporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais de enfermaría, garantindo en todo momento a seguridade, confort, así como a continuidade asistencial do paciente en tódolos niveis asistenciais.
A nutrición enteral (NE) defínese como unha técnica especial de alimentación que consiste en administrar os diferentes nutrientes a través dunha sonda, colocada nun tramo do tracto dixestivo, suprimindo as etapas orofarínxea e esofáxica da deglutición. O resultado permitiranos adaptar a vía de acceso e fórmula alimentaria segundo os requirimentos nutricionais e a situación do paciente. Considerando o papel da enfermeira clave, tanto na sondaxe e administración da dieta, así como na detección e prevención dos problemas asociados aos trastornos da deglutición.
 
En comparación coa nutrición parenteral (a subministración de nutrientes a través dun catéter venoso directamente no torrente sanguíneo), a nutrición enteral ofrece varias vantaxes, incluídos menores custos, os efectos beneficiosos da utilización do tracto gastrointestinal, e a evitación das moitas complicacións potenciais de nutrición parenteral. A alimentación enteral a través do estómago ou duodeno permite ademais a administración de nutrición hipertónica e grandes volumes, xa sexa de forma continua, intermitente ou en bolos (Grao A).
A utilización da NE esténdese como unha práctica de primeira elección en pacientes desnutridos ou en risco de desnutrición que teñen un intestino minimamente funcionante e non son capaces de cubrir coa alimentación natural ou suplementación, o total dos seus requirimentos calorífico-proteicos.
 
Para moitos pacientes pediátricos con nutrición subóptima, a inxestión por vía oral pódese mellorar ofrecendo alimentos ricos en calorías, suplementos orais, ou aumentando a densidade dos nutrientes dos alimentos mediante a adición de suplementos de alta enerxía, tales como graxas (aceites, crema ou manteiga), carbohidratos (azucres e suplementos en po), e proteínas (leite ou pos doutras proteínas). Os nenos que aínda non poden tomar suficiente enerxía a través destes métodos, ou aqueles que non poden tolerar a alimentación oral debido á enfermidade de base, son candidatos á nutrición enteral.
A intervención nutricional por tanto pode manter e preservar o peso, mellorar a resposta aos distintos tratamentos oncolóxicos e aumentar a calidade de vida.
Fluxograma 1.JPG
Fluxograma 2.JPG


Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada