Procedemento. INB

Procedemento. INB

PREPARACIÓN
 
  1. Saudar, presentarse e identificarse.
  2. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  3. Respectar a súa intimidade e gardar a confidencialidade dos seus datos.
  4. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores.
  5. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Realizar a hixiene das mans con solución hidroalcohólica, usar luvas.
  8. Toda lesión aberta que poida ser contaminada debería se cuberta con apósitos impermeables.(Nivel de Evidencia C)
  9. O paciente debe permanecer en repouso, en decúbito supino e relaxado, con brazos e pés apoiados na superficie da padiola arredor de 10 minutos antes de iniciar a exploración.
DESENVOLVEMENTO
    1. Seleccionar o manguito do esfigmomanómetro adecuado, dun ancho de ao menos o 40% da circunferencia da extremidade (Nivel de Evidencia B), e colocalo nun dos brazos co seu bordo inferior 2-3 cm por riba da flexura do cóbado.
    2. Localizar a arteria braquial por palpación con 2 ou 3 dedos e aplicar xel condutor de ultrasóns sobre a pel do traxecto arterial para favorecer a transmisión do sinal.
    3. Acender o equipo Doppler.
    4. Colocar a sonda Doppler no punto seleccionado cun ángulo de 45-60º respecto á superficie da pel e mover ata que se obteña un bo sinal sonoro arterial (pulsátil, coma un lategazo).
    5. Insuflar o manguito 20 mm Hg por riba do valor da presión arterial sistólica ( tras deixar de oír o sinal). Insuflar o manguito ata deixar de oír o sinal seguir insuflando 20 mm Hg máis.
    6. Proceder a desinsuflar lentamente (2 mm Hg por segundo), no momento en que apareza o sinal sonoro rexistrar o valor da presión arterial sistólica.
    7. Determinar a presión arterial sistólica en ambos os brazos e tomar como referencia o valor maior (o do brazo control).
    8. Colocar o manguito xusto por riba dos maléolos do nocello (Nivel de Evidencia B).
    9. Localizar o pulso da arteria dorsal pedia (dorsalis pedis) na cara dorsal do pé entre os tendóns extensores do 1º e 2º dedo e aplicar o xel condutor de ultrasóns.
    10. Seguir o mesmo procedemento que nos brazos.
    11. Localizar o pulso da arteria tibial posterior na zona posterior do maléolo interno (canal retromaleolar interno). Repetir os mesmos pasos que na arteria dorsal pedia para obter a presión arterial sistólica.
    12. Tomar como referencia de presión arterial sistólica do nocello desa extremidade a maior de ambas as dúas arterias.
    13. Repetir o mesmo proceso na extremidade inferior contralateral.
    14. Limpar o xel condutor do paciente e da sonda Doppler.
    15. O ITB calcúlase dividindo a presión sistólica máxima no nocello entre a presión sistólica braquial máis alta, obténdose dous valores, un por cada perna. Exemplo medición INB.JPGExemplo medición INB.JPG
    16. Rexistrar o procedemento e resultados.
 

RECOMENDACIÓNS PARA OBTER UNHA BOA SINAL NA DETERMINACIÓN DO DOPPLER ARTERIAL:

• Apoiar ben a man, o pulso ou o antebrazo para evitar movementos inadecuados da sonda.
• Coller a sonda coma un lapis, buscando apoio para estabilizala.
• A punta da sonda debe estar sempre recuberta de xel.
• Aplicar unha presión moderada sobre a pel, para evitar o colapso arterial.
• Non se ten en conta a intensidade da onda Doppler.

 

Interpretación dos resultados do Índice Nocello-Brazo

 

Criterios de derivación segundo severidade da Enfermidade Arterial Periférica detectada mediante Índice Nocello-Brazo a Atención Especializada
 

 https://ulcerasfora.sergas.gal/Informacion/Guia%20practica%20de%20ulceras%20do%20pe%20diabetico

Imaxes realización procedemento

 ITB previsualizacion GL.jpgINB previsualizacion.jpg

ITB previsualizacion GL.jpg

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde