Para ter en conta. Pulsos Pédios

Para ter en conta. Pulsos Pédios

 

  • Nun pequeno número de pacientes sans, o pulso pédio no dorso do pé pode estar ausente debido a unha alteración da arteria tibial anterior a nivel do nocello. Nesta situación, a arteria tibial anterior podería ser detectada no nocello.
  • En caso de obesidade ou de nocello edematoso, terase maior dificultade para notar o pulso.
  • As luvas usaranse só se existen precaucións de contacto, para tocar a pél intacta do paciente non son necesarias.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde