Definicións. INB

Definicións. INB

Arterioesclerose: Enfermidade sistémica que se presenta como estreitamento das arterias grandes e medianas como resultado da acumulación de lípidos e material fibroso entre as capas íntima e media dos vasos
Índice Nocello-Brazo: Proba non invasiva útil para detectar Enfermidade Arterial Periférica que expresa no cociente entre a presión arterial sistólica máxima no nocello e a presión sistólica no brazo.
Enfermidade Arterial Periférica: Arterioesclerose que se produce nas arterias de fóra do corazón que afecta máis frecuentemente as extremidades inferiores que as superiores.
Doppler Arterial: É unha técnica non invasiva e coste-efectiva que permite mediante a aplicación de ultrasóns obter o estado do fluxo arterial e as súas repercusións hemodinámicas.