Indice Nocello Brazo

0 comentarios comentarios

Indice Nocello Brazo

Procedemento de determinación do Índice Nocello-Brazo con Doppler Arterial

A arteriosclerose é un proceso patolóxico frecuente na poboación cuxas principais manifestacións son a Cardiopatía Isquémica, Accidente Cerebro-Vascular, Enfermidade Arterial Periférica (EAP).
A EAP nas extremidades inferiores é a súa manifestación máis frecuente cunha prevalencia poboacional do 3% ao 12%. Os principais factores de risco son: idade igual ou superior a 70 anos, adultos de 50 a 69 anos con hábito tabáquico ou diabetes, adultos de 40 a 49 anos con diabetes e ao menos outro factor de risco de arterioreclerose, síntomas nas pernas suxestivos de claudicación con esforzo ou dor en repouso, exame anormal do pulso na extremidade inferior, outras localizacións da arterioesclerose. Cursa con sintomatoloxía silente, polo que o diagnóstico precoz nos grupos de risco de EAP é de especial relevancia pola morbilidade que representa (amputacións) e coexistencia de risco de eventos coronarios e/ou cerebro-vasculares. O Índice Nocello-Brazo (ITB) está indicado como unha proba de primeira liña para o cribado e diagnóstico da EAP na extremidade inferior (Nivel C)2, un ITB ≤0,90 ten unha sensibilidade e especificidade, 72% e 96% respectivamente, para detectar a estenose e/ou oclusión arterial e para o diagnóstico da EAP(Nivel de Evidencia B).
A determinación do ITB mediante Doppler ten mellor reprodutibilidade que outros métodos alternativos, polo que se recomenda o seu uso como método máis fiable (Nivel de Evidencia A) A súa determinación require coñecementos e destrezas por parte dos profesionais que a desenvolven. É unha proba non invasiva, inocua, obxectiva, reproducible, sinxela e de baixo custo para a exploración vascular das extremidades inferiores nas consultas de atención primaria. Permite a detección da EAP e graduar a súa severidade. O seu uso non está recomendado coma cribado ou screening na poboación adulta asintomática; só hai evidencia da súa efectividade en grupos de risco: persoas con enfermidade arterial periférica, enfermidades cardiovasculares, enfermidade renal crónica severa, diabetes; tamén para a orientación na diferenciación de tipos de úlceras cutáneas na extremidade inferior (venosas, arteriais, neuroisquémicas, hipertensivas) e para valorar a indicación de terapia de compresión nas úlceras varicosas. A presenza de EAP é un indicador de risco cardiovascular. Ante a ausencia de pulsos pedios é preceptivo realizar este test (Nivel de evidencia Alto)
Este procedemento pretende proporcionar os coñecementos adecuados para a realización correcta desta proba así como para a súa interpretación, coa finalidade de estandarizar os criterios de actuación e reducir a variabilidade asistencial mediante incorporación á práctica clínica de enfermaría da mellor evidencia científica dispoñible para a determinación e interpretación do ITB.
Autores INB Gal.JPG

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde