Procedemento da sondaxe vesical. Homes

Procedemento da sondaxe vesical. Homes

.

PREPARACIÓN PREVIA
 
1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Identificar e informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (grao B).
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6. Comprobar as alerxias do paciente.
7. Indagar mediante unha entrevista co usuario e/ou familia a existencia de alteracións anatómicas que puideran dificultar o procedemento.
HIXIENE XENITOURINARIA
 
1. Reunir o material necesario, tendo en conta a necesidade dun carro, batea ou mesa auxiliar.
2. Lavado de mans seguindo o protocolo (categoría IB).
3. Proceder á preparación del paciente.
 
PREPARACIÓN DO HOME
 
1.  Colocar o paciente en decúbito supino, sempre que o seu estado o permita, coas pernas lixeiramente flexionadas.
2. Realizar hixiene de mans seguindo o protocolo, e colocar luvas non estériles.
3. Comprobar que a auga estea morna e verter un pouco a chorro sobre a rexión xenital de maneira que discorra no sentido pube-ano. Recoméndase usar auga potable para a limpeza dos xenitais antes da sondaxe (categoría IB).
4. Enxaboar cunha esponxa os pregues inguinais, o vello pubiano, o pene, o escroto, e en último lugar o ano. Aclarar con auga vertida a chorro no mesmo sentido.
5. Coa man non dominante, sosteña o pene cos dedos polgar e índice, retraer o prepucio, lavar o glande e o suco balanoprepucial sempre dende o meato cara ao suco, e usar unha gasa en cada pasada. Limpar en círculos ata a base do pene.
6. Aclarar vertendo auga co prepucio retraído no mesmo sentido.
7. Secar con gasas no mesmo sentido. Secar as zonas externas con toalla.
8. Unha vez preparado o meato, cubrir con gasa estéril ata o momento da sondaxe.
9. Desbotar as luvas usadas para a hixiene, facer hixiene de mans, e poñer luvas limpas.
10. Colocar a bolsa colectora no soporte e poñela por debaixo do nivel da vexiga do paciente.
11. Proceder a axudar a/o enfermeira/o que fai a técnica estéril.
 
TÉCNICA ESTÉRIL
1. Lavado de mans seguindo o protocolo (categoría IB).
2. Colocar luvas estériles
3.. Colocar un pano estéril sobre a zona pubiana para crear campo estéril. Se ten pano fenestrado, coloque este deixando o pene fóra. A manipulación do catéter farase sempre de forma aséptica, usando equipo e luvas estériles (categoría IB). Coloque un pano estéril para o material.
4. Comprobar a integridade do balón da sonda insuflando 10 cc de aire. Desinchar o balón unha vez comprobado.
5. Suxeite o pene con firmeza mediante os dedos polgar e índice da man non dominante. Coa axuda dunha gasa estéril, deslice o prepucio cara abaixo.
6. Desinfecte o glande con clorexhidina acuosa ao 2 % facer coa gasa un movemento espiral, comezar polo meato e rematar no suco balanoprepucial. Usar unha gasa nova para cada pasada. Deixar secar.
7. Pida que lle abran o envoltorio da sonda e lubrique o catéter abundantemente dende a punta aproximadamente un terzo da súa lonxitude co lubricante estéril. Se ten lubricante urolóxico anestésico pode introducilo dentro do meato urinario, deixando actuar durante 2 minutos.
8. Retire o prepucio coa axuda dunha gasa estéril e coloque o pene en posición vertical ata introducir 7-8 cm da sonda. Coloque agora o pene en posición horizontal e siga introducindo a sonda ata que reflúa a urina. Avanzar uns 5 cm máis para asegurar a colocación da sonda en vexiga.
9. Non forzar a entrada da sonda polo risco de crear unha falsa vía.
10. Regresar o prepucio á súa posición.
 
CATETERISMO TEMPORAL OU PERMANENTE
1. Conectar a sonda ao sistema colector pechado, evitando a desconexión entre sonda, tubo e bolsa (categoría IA).
2. Inflar o globo con 8-10 cc de auga destilada. Non usar soro fisiolóxico, xa que pode cristalizar.
3. Retirar suavemente a sonda ata notar resistencia, para asegurar a súa ancoraxe na unión da vexiga coa uretra.
4. Fixar a sonda na parte interna da coxa para evitar o movemento de tracción uretral (categoría IB). Nos pacientes medulares ou con un baixo nivel de  conciencia fixarase no abdome para evitar úlceras por presión.
5. A bolsa colectora quedará fixada no soporte e debe manterse sempre nunha posición algo inferior a da vexiga do paciente, sen tocar o chan (categoría IB).
6. Comprobar que non se tensa a sonda cos movementos do paciente.
7. Evitar que se fagan cóbados na sonda ou no sistema colector, e asegurar que o fluxo de urina sexa sempre continuo (categoría IB).
8. Se a sondaxe se fai para resolver un cadro de retención urinaria, pinzar o sistema de drenaxe cando a cantidade de diurese sexa aproximadamente de 500 cc en adultos, para evitar hemorraxias por descompresión vesical brusca  e seguir pinzando e despinzando cada 300-400 cc a intervalos de 10-15 minutos.
9. Retirar as luvas e lavar as mans seguindo o protocolo.
10. Desbotar o material seguindo as normas de xestión de residuos.
 
CATETERISMO INTERMITENTE
Consiste na introdución dun catéter na vexiga a través da uretra para proceder ao baleiramento de urina, e retirar a sonda inmediatamente despois de producirse o dito baleiramento.
É o método de elección en pacientes con disfunción de vexiga, especificamente con vexiga neuróxena.
A frecuencia da sondaxe dependerá do volume de urina diario do paciente e da capacidade da vexiga (recoméndanse 4-6 sondaxes diarios con catéter de calibre 12-14 Fr).
O  paciente pode ser adestrado a facelo por si mesmo (autosondaxe).
 
 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde