Retirada da SNG

2 comentarios comentarios

Retirada da SNG

.

RETIRADA DA SONDA NASOGÁSTRICA

1. Cubrir o peito do paciente cunha toalla e proporcionarlle panos desbotables.
2. Realizar hixiene de mans e colocar luvas non estériles. 
3. Desconectar a sonda do sistema de aspiración ou da alimentación, se as houbese.
4. Introducir 10 cc de auga na sonda para que non teña contido gástrico ao retirala (en
5. Pinzar a SNG dobrando o tubo coa man ou ben colocar un tapón.
6. Retirar o apósito de fixación con coidado para non lesionar a pel do paciente.
7. Se o paciente está consciente, pedirlle que inspire profundamente e manteña a respiración mentres se extrae a sonda suavemente e de forma continua. Se o paciente está intubado, asegurarse da correcta presión do pneumotaponamento antes de retirala. A medida que a retiramos irémola limpando cunha gasa.
8. Desbotar a sonda no colector de residuos de clase II a.  
9. Limpar calquera resto de esparadrapo que puidese quedar adherido ao nariz cunha gasa impregnada en alcohol de 70º e limpar coidadosamente a fosa nasal cunha gasa humedecida en auga morna, e aplicar lubricante hidrosoluble, se fose preciso.
10. Manter o paciente en posición de Fowler uns 30 minutos para previr unha posible broncoaspiración no caso de vómito.
11. Recoller e desbotar o material utilizado no colector correspondente. 
12. Retirar as luvas e realizar a hixiene de mans (lavado de mans rutineiro, segundo procedemento).

 

Comentarios:
  • avatar Maritza dixo:
    xoves, 20 de maio 2021 ás 16:20
    Hay pacientes que se alimentan en hogares de Estadia, otros en clinicas, y hospitales, y otros en domicilio. Los familiares no saben asistir al.paciente con sonda nasogastrica, o sonda gastrostomia.en Facebook pueden aprenderlos familiares .
  • avatar Leticia dixo:
    xoves, 22 de abril 2021 ás 02:31
    Excelente procedimientos con una gran especificación
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde