Procedemento selado reservorio

Procedemento selado reservorio

.

Procedemento:

A. Reservorio non canalizado: procederase previamente á súa canalización segundo o "procedemento de canalización”.

 

B. Reservorio previamente canalizado:

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais.   
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobar alerxias do paciente.
  7. Examinar o aspecto da pel.
  8. Colocar máscara (recomendable colocarlle tamén máscara ao paciente).
  9. Realizar hixiene de mans (categoría IA) e colocación de luvas non estériles (categoría IC).
  10. Desinfectar as conexións con clorhexidina fregando enerxicamente durante 15 segundos (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina, utilizarase alcohol ao 70%) (categoría IB) deixando secar 1 minuto.    
  11. Desclampar o sistema da Gripper/Huber. 
  12. Aspirar 5–7 cc para retirar a heparina da selaxe  previa.
  13. Clampar e desbotar.
  14. Lavar o catéter con 10 cc de soro fisiolóxico.
  15. Volver clampar.
  16. Heparinizar con 5 ml da disolución de heparina xa preparada (Fibrilín®) ou 5 cc da dilución de heparina ao 1%.
  17. Clampar o sistema exercendo presión positiva mentres se inxectan os últimos 0,5 ml da solución anterior. 
  18. Retirar a agulla Gripper/Huber.
  19. Cubrir cun apósito transparente (de elección) ou de gasa estériles (categoría IA).
  20. Desbotar o material.
  21. Retirar a máscara e as luvas.
  22. Hixiene de mans. 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde