A. Reservorio non canalizado: procederase previamente á súa canalización segundo o “Procedemento de Canalización”.
B. Reservorio previamente canalizado
- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais.
- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
- Comprobar as alerxias do paciente.
- Examinar o aspecto da pel
- Realizar hixiene de mans (categoría IA) e colocación de luvas non estériles (categoría IC).
- Desinfectar as conexións con clorhexidina fregando enerxicamente durante 15 segundos (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina, utilizarase alcohol ao 70%) (categoría IB) deixar secar 1 minuto.
- Antes de realizar a extracción, clampar a outra vía. Conectar o adaptador para a extracción, retirar un tubo de 5-7 ml de sangue e desbotalo. A continuación encher os tubos de mostras necesarios. Volver clampar.
- Conectar a xiringa preparada con 10-20 cc de soro fisiolóxico, desclampar e lavar o reservorio con técnica push-stop.
- Ao rematar, heparinizar o catéter se non se vai a usar ou restablecer a perfusión dos fluídos prescritos.
- Identificar os tubos das analíticas.
- Recoller o material.
- Retirar as luvas.
- Hixiene de mans.