Procedemento de extracción de sangue dende o reservorio

Procedemento de extracción de sangue dende o reservorio

.

A. Reservorio non canalizado: procederase previamente á súa canalización segundo o “Procedemento de Canalización”.

B. Reservorio previamente canalizado

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2.  Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais.
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5.  Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobar as alerxias do paciente.
  7. Examinar o aspecto da pel
  8. Realizar hixiene de mans (categoría IA) e colocación de luvas non estériles (categoría IC).
  9. Desinfectar as conexións con clorhexidina fregando enerxicamente durante 15 segundos (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina, utilizarase alcohol ao 70%) (categoría IB) deixar secar 1 minuto.
  10. Antes de realizar a extracción, clampar a outra vía. Conectar o adaptador para a extracción, retirar un tubo de 5-7 ml de sangue e desbotalo. A continuación encher os tubos de mostras necesarios. Volver clampar. 
  11. Conectar a xiringa preparada con 10-20 cc de soro fisiolóxico, desclampar e lavar o reservorio con técnica push-stop.
  12. Ao rematar, heparinizar o catéter se non se vai a  usar ou restablecer a perfusión dos fluídos prescritos.
  13. Identificar os tubos das analíticas.
  14. Recoller o material.
  15. Retirar as luvas.
  16. Hixiene de mans.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde