Procedemento de desoclusion do reservorio

Procedemento de desoclusion do reservorio

.

  1. Comprobar a prescrición facultativa de Urokinasa.
  2. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  3. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  4. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais.
  5. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Comprobar alerxias do paciente.
  8. Colocar o paciente en decúbito supino ou inclinado cara atrás no sofá e coa cabeza xirada cara ao lado oposto o catéter.
  9. Realizar hixiene de mans (categoría IA) e colocación de luvas non estériles (categoría IC).
  10. Clampar o catéter, se precisa; desinfectar o tapón con clorhexidina, fregando enerxicamente durante 15 segundos (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina, utilizarase alcohol ao 70%) (categoría IB) deixando secar 1 minuto.  
  11. Realizar hixiene de mans e colocar as luvas estériles.
  12. Crear campo estéril, preto da zona de inserción do catéter, colocando o material sobre el.
  13. Reconstituír a solución de Urokinasa a unha concentración de 100.000 UI/5 cc, segundo protocolo.
  14. Cargar unha das xiringas con 2,5 cc da solución de Urokinasa + 7,5 cc soro fisiolóxico (para conseguir unha dilución de 5000 UI de urokinasa por ml), e a outra con 5 cc de soro fisiolóxico nunha xiringa de 10 cc.
  15. Purgar a chave de 3 vías coa xiringa de soro fisiolóxico, e deixala conectada á chave.
  16. Conectar a chave á alargadeira da Gripper/Huber en posición pechada.
  17. Conectar a xiringa coa solución de urokinasa na conexión libre da chave, abrila e introducir a cantidade de urokinasa segundo protocolo do centro. 
  18. Se é posible introducir a solución, pero non reflúe: 
  • Deixar actuar mínimo 30 minutos a urokinasa.
  • Se aínda así non reflúe, repetir ata tres veces a manobra.

     19. Se non é posible introducir a solución:

  • Substituír, na chave de 3 vías, a xiringa de soro fisiolóxico por unha xiringa de 10 cc baleira. 
  • Exercer presión negativa coa xiringa baleira aspirando suavemente ata retroceder o émbolo 7-8 cc e xirar a chave de 3 vías cara a xiringa con solución de Urokinasa, e permitir que a solución ocupe o baleiro realizado anteriormente.
  • Clampar o sistema e esperar mínimo 30 minutos. Repetir ata 3 veces esta manobra se fose necesario.
  •  

         20. Hixiene de mans.


 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde