Comprobar a prescrición facultativa de Urokinasa.
Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais.
Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
Comprobar alerxias do paciente.
Colocar o paciente en decúbito supino ou inclinado cara atrás no sofá e coa cabeza xirada cara ao lado oposto o catéter.
Realizar hixiene de mans (categoría IA) e colocación de luvas non estériles (categoría IC).
Clampar o catéter, se precisa; desinfectar o tapón con clorhexidina, fregando enerxicamente durante 15 segundos (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina, utilizarase alcohol ao 70%) (categoría IB) deixando secar 1 minuto.
Realizar hixiene de mans e colocar as luvas estériles.
Crear campo estéril, preto da zona de inserción do catéter, colocando o material sobre el.
Reconstituír a solución de Urokinasa a unha concentración de 100.000 UI/5 cc, segundo protocolo.
Cargar unha das xiringas con 2,5 cc da solución de Urokinasa + 7,5 cc soro fisiolóxico (para conseguir unha dilución de 5000 UI de urokinasa por ml), e a outra con 5 cc de soro fisiolóxico nunha xiringa de 10 cc.
Purgar a chave de 3 vías coa xiringa de soro fisiolóxico, e deixala conectada á chave.
Conectar a chave á alargadeira da Gripper/Huber en posición pechada.
Conectar a xiringa coa solución de urokinasa na conexión libre da chave, abrila e introducir a cantidade de urokinasa segundo protocolo do centro.
Se é posible introducir a solución, pero non reflúe: