Procedemento de canalización e coidados da vía venosa periférica

Procedemento de canalización e coidados da vía venosa periférica

Procedemento editado en 2019

Este procedemento pretende estandarizar as accións que se van realizar para a inserción, mantemento e retirada dun catéter venoso periférico, e incorporar a mellor evidencia científica existente no momento actual.​

A seguridade do paciente como prioridade nos procesos é a base da atención sanitaria na actualidade, sen esquecer a seguridade dos profesionais sanitarios. Utilizar unha técnica axeitada na instauración dunha vía venosa periférica resulta de especial relevancia para a seguridade do paciente, evitar posibles complicacións e diminuír os custos derivados de aumento de estancias na hospitalización. 

O uso da vía venosa periférica con catéter xeneralizouse na asistencia sanitaria hospitalaria ata o punto de que unha importante porcentaxe de pacientes ingresados son portadores dun ou máis catéteres venosos.