Procedemento de canalización do reservorio SC

Procedemento de canalización do reservorio SC

.

Procedemento

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais.
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobar alerxias do paciente.
  7. Colocar ao paciente en decúbito supino ou sentado nun sofá coas costas  apoiadas no respaldo e a cabeza xirada cara ao lado oposto ao catéter.
  8. Examinar o aspecto da pel.
  9. Colocar máscara (recomendable colocarlle tamén máscara ao paciente).
  10. Realizar hixiene de mans e colocación de luvas non estériles.
  11. Desinfectar a zona con clorhexidina alcohólica, de elección ao 2% deixando secar 1 minuto.
  12. Realizar hixiene de mans e colocar as luvas estériles. 
  13. Crear campo estéril, preto da zona de inserción do catéter, colocando o material sobre el.
  14. Cargar nunha xiringa de 10 cc con agulla, un mínimo de 3 cc de soro fisiolóxico para purgar a Gripper/Huber.
  15. Cargar outra xiringa con 10 cc de soro fisiolóxico para lavar o sistema.
  16. Purgar o Gripper/Huber e deixalo clampado coa xiringa conectada. Conectar o bioconector a agulla Gripper/Huber.
  17. Fixar o portal entre os dedos índice e polgar coa man non dominante.
  18. Pedir o doente que inspire profundamente (o portal acercarase máis á superficie e quedará más fixo).
  19. Coa man dominante coller o Gripper/Huber e puncionar firme e perpendicular á pel ata atopar coa agulla o solo metálico do portal, evitando puntos de punción anteriores. Non facer movementos coa agulla para non danar a cuberta de silicona.
  20. Desclampar e aspirar suavemente un mínimo de 5 a 7 cc para comprobar o refluxo do sangue e retirar  a selaxe anterior.
  21. Clampar e a continuación retirar a xiringa.
  22. Conectar a xiringa preparada con 10 cc. de soro fisiolóxico, desclampar e lavar o reservorio. 
  23. Exercendo presión positiva coa xiringa, clampar o Gripper/Huber e continuar co procedemento que teñamos que facer ou instalar un obturador no sistema.
  24. Fixar o Gripper/Huber protexéndoo, e cubrir cun apósito transparente (de elección) ou de gasa estériles.
  25. Desbotar o material.
  26. Retirar as luvas.
  27. Hixiene de mans.

Anexo Fixación.JPG