Para ter en conta.SNG

Para ter en conta.SNG

.

 Observacións 

  • As habilidades e as competencias dos profesionais sobre o manexo da SNG deben revisarse periodicamente.
  • Ter en conta as contraindicacións (Anexo GAL Contraindicacións.pdfAnexo Contraindicacións.pdf e complicacións (Anexo GAL Complicacións.pdfAnexo Complicacións.pdf)
  • Algúns pacientes teñen un risco moito maior que outros para unha colocación accidental dunha SNG no tracto pulmonar. Entre estes factores atópanse: nivel alterado da conciencia, diminución o ausencia do reflexo nauseoso, sedación intensa e enfermidade crítica.
  • Nos pacientes inconscientes hai que vixiar a posible aparición de cianose, xa que o reflexo da tose pode estar diminuído ou ser inexistente. 
  • Non repita o procedemento máis de 3 veces. Deixe o procedemento se o paciente presenta signos de angustia.
  • Indicar ao paciente como ten que moverse para evitar tiróns e desprazamentos da sonda, informándoo das posibles sensacións que pode ter: sequidade de gorxa, dificultade para tragar ou sensación de corpo estraño. 
  • Se ao realizar o aspirado gástrico para a comprobación da correcta colocación obtemos contido bilioso ou verdoso, é posible que xa esteamos en duodeno, polo que retiraremos un pouco a sonda e volveremos a comprobala.
  • Aínda sendo as tiras de pH a proba de primeira liña, a súa limitada precisión e  a dificultade para diferenciar os resultados colorimétricos polos profesionais, fan necesario investigar métodos máis precisos e seguros para confirmar a colocación correcta da SNG.  
  • A inspección visual de aspirado e a auscultación da insuflación de aire, non son indicadores fiables da colocación correcta e non debe confiarse nelas (grado B).
  • Todas as radiografías que se lle fagan a un paciente con SNG deben levar especificado que o paciente é portador de sonda.
  • En prematuros e neonatos, para calcular a lonxitude da sonda que se vai introducir hai que medir a distancia desde a ponte nasal ata o apéndice xifoides.  
  • Non hiperestender ou hiperflexionar o colo do lactante; pode ocluír as vías aéreas.