GALEGO
CASTELLANO
FEMORA
Inicio
Procedementos
Administración de medicación
Biomedidas
Eliminación
Feridas
Nutrición
Probas diagnósticas
Seguridade
Vía respiratoria
Vías, sondas e drenaxes
Vídeos
Procedementos
> Vías, sondas e drenaxes
> Coidados do reservorio subcutáneo
> Perfusión por reservorio SC
> Para ter en conta. Perfusión por reservorio SC
Para ter en conta. Perfusión por reservorio SC
Para ter en conta. Perfusión por reservorio SC
.
Observacións
Non forzar a entrada de fluídos para liberar unha obstrución. Non se pode garantir o funcionamento correcto dun sistema no que a infusión se realice con dificultade e sexa imposible obter fluxo hemático.
Nunca inxectar líquidos a través do reservorio con xiringas menores a 10, para evitar o exceso de presión sobre o catéter.
A presión exercida ao inxectar e extraer debe ser suave.
Non se recomenda deixar parada a infusión.
Non manipular a agulla nin realizar movementos de rotación ou inclinación, unha vez inserida na membrana.
Lavar o catéter entre distintas medicacións; numerosas substancias poden precipitar o contacto coa heparina e producir unha obstrución irreversible do catéter. Lavar o catéter sempre con 20 cc despois de extraccións, administracións de hemoderivados e administración de substancias lipídicas e con 10 cc o resto de medicacións.
Manter sempre a pinza cerrada mentres se desconecta o sistema.
Cambiar chaves, conectores de presión positiva e sistemas cada 7 días para previr complicacións e sempre que estean visiblemente sucios ou en caso de desconexións accidentais. Rexistrar data do cambio do sistema de infusión.
Cambiar os sistemas utilizados para administrar emulsións lipídicas ás 24 horas do inicio da infusión. Se non foi posible acabar a perfusión de fluídos que conteñan lípidos nestas 24 horas, o fluído restante desbotarase.
Cambio de agulla e bioconector ao realizar hemocultivos, se aparecen signos de irritación ou infección, dificultade na infusión ou extravasación.
Non utilizar o reservorio para a administración de contrastes, xa que se poden romper.
Compartir
Enviar
683 votos
[683] Votar
Imprimir
Converter a PDF
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Atención á cidadanía
Accesibilidade
Aviso legal
Mapa do Portal
Contacte