Para ter en conta. Perfusión por reservorio SC

Para ter en conta. Perfusión por reservorio SC

.

Observacións

  • Non forzar a entrada de fluídos para liberar unha obstrución. Non se pode garantir o funcionamento correcto dun sistema no que a infusión se realice con dificultade e sexa imposible obter fluxo hemático. 
  • Nunca inxectar líquidos a través do reservorio con xiringas menores a 10, para evitar o exceso de presión sobre o catéter.
  • A  presión exercida ao inxectar e extraer debe ser suave.
  • Non se recomenda deixar parada a infusión. 
  • Non manipular a agulla nin realizar movementos de rotación ou inclinación, unha vez inserida na membrana. 
  • Lavar o catéter entre distintas medicacións; numerosas substancias poden precipitar o contacto coa heparina e producir unha obstrución irreversible do catéter. Lavar o catéter sempre con 20 cc despois de extraccións, administracións de hemoderivados e administración de substancias lipídicas e con 10 cc o resto de medicacións. 
  • Manter sempre a pinza cerrada mentres se desconecta o sistema.
  • Cambiar chaves, conectores de presión positiva e sistemas cada 7 días para previr complicacións e sempre que estean visiblemente sucios ou en caso de desconexións accidentais. Rexistrar data do cambio do sistema de infusión. 
  • Cambiar os sistemas utilizados para administrar emulsións lipídicas ás 24 horas do inicio da infusión. Se non foi posible acabar a perfusión de fluídos que conteñan lípidos nestas 24 horas, o fluído restante desbotarase.
  • Cambio de agulla e bioconector ao realizar hemocultivos, se aparecen signos de irritación ou infección, dificultade na infusión ou extravasación.
  • Non utilizar o reservorio para a administración de contrastes, xa que se poden romper.