Para ter en conta. PICC inserción

Para ter en conta. PICC inserción

RECOMENDACIÓNS PARA TER EN CONTA
  • A implantación dun PICC debe ser realizada por persoal sanitario (enfermeira ou médico) que sexa experto na técnica.
  • Segundo a evidencia existente na actualidade, recoméndase considerar a técnica de micropunción Seldinger modificada (INS 2016, grao V).
  • Usar unha ecografía para colocar catéteres venosos centrais (se a tecnoloxía está dispoñible). Debe ser utilizada só por persoal formado nesa técnica. A técnica “cega” está desaconsellada na actualidade (CDC 2011, categoría IB).
  • O brazo dereito prima sobre o esquerdo por ter menos risco de trombose venosa (traxecto máis curto).
  • A orde de elección de veas é: basílica braquial  cefálica (clasificadas de menor a maior risco de complicacións durante a inserción e posterior mantemento do catéter). Outras menos habituais pero tamén contempladas sempre que se realice técnica tunelizada, son a vea axilar, xugular interna e as veas do membro inferior (femoral profunda, safena).
  • Utilizar un CVC co número mínimo de portos ou luces/aberturas esenciais para o tratamento do paciente (CDC 2011, categoría IB).
  • O extremo final debe estar situado nas inmediacións da unión cavo-atrial. O uso do sistema de localización de punta por electrodo endocavitario (inocua) é de elección fronte a fluoroscopía ou calquera outra técnica que implique exposición a radiacións ionizantes (Directiva Europea 2013/59/ EURATOM, capitulo VII, artigo 55.1). No entanto de non usarse ECG intracavitario ou ser iste inefectivo é obrigatoria a realización dunha radiografía de tórax para comprobar a correcta colocación da punta antes de iniciar o uso do dispositivo.
  • Retirada precoz de calquera catéter intravascular que xa non sexa imprescindible (CDC 2011, categoría IA).

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde