Para ter en conta. Canalización reservorio SC

Para ter en conta. Canalización reservorio SC

.

Observacións

  • Recoméndase canalizar o reservorio só se se vai utilizar de inmediato.
  • Manter as máximas condicións de asepsia na manipulación do reservorio.
  • A eficacia do antiséptico depende de que se deixe secar o tempo recomendado polo fabricante (categoría IB). Se hai unha contraindicación á clorhexidina, pode utilizarse povidona iodada ou alcohol de 70% como antiséptico (categoría  IA); deixar secar, 1 minuto no caso da clorhexidina e 2 minutos no caso da povidona iodada (categoría IB).  
  • Minimice o risco de contaminación frotando o porto de acceso cun antiséptico apropiado e acceda ao porto solo con dispositivos estériles (categoría IA).
  • Manter a pinza sempre pechada cando non se estea infundindo/administrando medicación.
  • Débese procurar facer sempre as manipulacións/desconexións por debaixo da altura do corazón, para non deixar a vía aérea aberta co conseguinte risco de embolia aérea.
  • Non se manterá a mesma agulla máis de 7 días.
  • Elixir o calibre e a lonxitude da agulla en función do tipo de líquido, o volume a perfundir, a idade, e a situación do paciente. A menor calibre de agulla (maior G) máis durará a membrana autoselante. 
  • Para fluídos del alta viscosidade e hemoderivados utilizaranse agullas calibre 20G ou 19G. O 22G emprégase para medicacións moi fluídas e pouco viscosas.
  • Non manipular a agulla nin realizar movementos de rotación ou inclinación unha vez inserida na membrana. 
  • Non utilizar unha xiringa cunha capacidade inferior a 10 ml. As xiringas cun diámetro interno inferior ao de unha xiringa de 10ml poden producir unha maior presión no lumen e provocar a desconexión do catéter da cámara.
  • No caso de sistemas de dobre cámara, os coidados aplicaranse a cada unha delas.
  • Se o paciente esta diaforético, use un apósito de gasa hasta que se resolva (Categoría II)
  • Pode resultar útil aplicar unha barreira protectora a base de polímeros sobre a pel, antes da colocación do apósito transparente, para previr o dano cutáneo.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde