GALEGO
CASTELLANO
FEMORA
Inicio
Procedementos
Administración de medicación
Biomedidas
Eliminación
Feridas
Nutrición
Probas diagnósticas
Seguridade
Vía respiratoria
Vías, sondas e drenaxes
Vídeos
Procedementos
> Vías, sondas e drenaxes
> Coidados do reservorio subcutáneo
> Canalización do reservorio SC
> Para ter en conta. Canalización reservorio SC
Para ter en conta. Canalización reservorio SC
Para ter en conta. Canalización reservorio SC
.
Observacións
Recoméndase canalizar o reservorio só se se vai utilizar de inmediato.
Manter as máximas condicións de asepsia na manipulación do reservorio.
A eficacia do antiséptico depende de que se deixe secar o tempo recomendado polo fabricante (categoría IB). Se hai unha contraindicación á clorhexidina, pode utilizarse povidona iodada ou alcohol de 70% como antiséptico (categoría IA); deixar secar, 1 minuto no caso da clorhexidina e 2 minutos no caso da povidona iodada (categoría IB).
Minimice o risco de contaminación frotando o porto de acceso cun antiséptico apropiado e acceda ao porto solo con dispositivos estériles (categoría IA).
Manter a pinza sempre pechada cando non se estea infundindo/administrando medicación.
Débese procurar facer sempre as manipulacións/desconexións por debaixo da altura do corazón, para non deixar a vía aérea aberta co conseguinte risco de embolia aérea.
Non se manterá a mesma agulla máis de 7 días.
Elixir o calibre e a lonxitude da agulla en función do tipo de líquido, o volume a perfundir, a idade, e a situación do paciente. A menor calibre de agulla (maior G) máis durará a membrana autoselante.
Para fluídos del alta viscosidade e hemoderivados utilizaranse agullas calibre 20G ou 19G. O 22G emprégase para medicacións moi fluídas e pouco viscosas.
Non manipular a agulla nin realizar movementos de rotación ou inclinación unha vez inserida na membrana.
Non utilizar unha xiringa cunha capacidade inferior a 10 ml. As xiringas cun diámetro interno inferior ao de unha xiringa de 10ml poden producir unha maior presión no lumen e provocar a desconexión do catéter da cámara.
No caso de sistemas de dobre cámara, os coidados aplicaranse a cada unha delas.
Se o paciente esta diaforético, use un apósito de gasa hasta que se resolva (Categoría II)
Pode resultar útil aplicar unha barreira protectora a base de polímeros sobre a pel, antes da colocación do apósito transparente, para previr o dano cutáneo.
Compartir
Enviar
872 votos
Votar
[872] Votar
Imprimir
Converter a PDF
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Atención á cidadanía
Accesibilidade
Aviso legal
Mapa do Portal
Contacte