Localización da punta: Sweet Spot

0 comentarios comentarios

Localización da punta: Sweet Spot

Precísase comprobar que a punta do catéter se atopa situada no terzo inferior da vea cava superior a través de radiografía ou uso de transdutores de onda P. Neste caso a posición da punta correspóndese coa visualización no ECG intracavitario do pico máximo da onda P. Nos casos nos que este método non é aplicable (pacientes con fibrilación auricular, por exemplo), ou non haxa lectura do ECG clara e indubidable, será necesario realizar unha radiografía de tórax.
O sweet spot (é dicir, o punto ideal onde debe quedar a punta do catéter) é o 1/3 distal ao apéndice atrial da aurícula dereita. Considerase tamén correctas as localizacións situadas entre o terzo inferior do VCS (área superior do Sweet spot) e a metade superior da aurícula dereita (área inferior deo Sweet spot).

 

Localización punta GAL.JPG

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde