Procedemento. Hemocultivos

Procedemento. Hemocultivos

Procedemento de extracción de hemocultivos

  1. Comprobacións previas:

    -Presentarse ao paciente.

    -Comprobar inequivocamente a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

    -Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

    -Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Usar unha linguaxe comprensible e resolver as posibles dúbidas e temores.

    -Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

    -Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

    -Comprobar a existencia de alerxias.

    -Realizar a hixiene das mans segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

    -Colocar o paciente na postura adecuada: sentado ou deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.

  2. Realizar hixiene de mans e colocación de luvas non estériles (CDC 2011; grao de recomendación IB).

  3. Recoméndase colocarlles a máscara cirúrxica ao paciente e ao persoal que realice a técnica.

  4. Hixienización das mans (CDC 2011; grao de recomendación IB) e colocación de luvas estériles.

  5. Apertura de pano estéril e montaxe de campo con todo o material necesario.

  6. Desinfectar a zona con antiséptico de elección.

  7. Desconectaremos e desbotaremos fóra do campo o tapón bioconector, e usaremos unhas gasas, e manteremos o clamp externo pechado.

  8. Desinfectar a cabeza aberta do PICC con clorhexidina ao 2 % con alcohol isopropílico a 70º ou alcohol isopropílico a 70º.

  9. Comprobar permeabilidade da luz aspirando ata observar refluxo mínimo. Non se refuga o sangue do interior do catéter, xa que se debe enviar a analizar (INS 2016, grao II).

  10. Conectar campá de extracción con adaptador.

  11. Aplicar os frascos de mostras necesarios.

  12. Clampar se procede e retirar a campá.

  13. Lavar con 20 ml de SSF con técnica push-stop–push, clampaxe a presión positiva (INS 2016, grao IV).

  14. Colocar un novo tapón bioconector.

    15.Reiniciar perfusións. En caso de uso intermitente, tras o lavado, pódese selar con heparina sódica.