Procedemento para análise ordinario de sangue
1. Comprobacións previas:Comprobacións previas:
-Presentarse ao paciente.
-Comprobar inequivocamente a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
-Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
-Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Usar unha linguaxe comprensible e resolver as posibles dúbidas e temores.
-Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
-Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
-Comprobar a existencia de alerxias.
-Realizar a hixiene das mans segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
Colocar o paciente na postura adecuada: sentado ou deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.
2. Realizar hixiene de mans e colocación de luvas non estériles (CDC 2011; grao de recomendación IB).
3. Valorar a luz pola que ser extraerá a mostra:
En caso de estar infundindo algunha solución polo PICC, se a natureza da infusión e as condicións do paciente o permiten, pararíanse as perfusións durante uns minutos (INS 2016, grao IV).
Se o PICC ten varias luces, procurar facer a extracción a través da luz de maior calibre ou a máis distal, segundo o formato do catéter (INS 2016, grao IV).
Para análise de niveis dun fármaco, non extraer a mostra da mesma luz pola que se administrou ese fármaco (INS 2016, grao III).
Non usar a luz da nutrición parenteral de forma rutineira para extraer mostras (INS 2016 grao V).
4. Desinfección de tapón fregando vigorosamente con gasa con alcohol isopropílico ao 70 % ou clorhexidina alcohólica ao 2 % (INS 2016, grao II).
5.Comprobar a permeabilidade da luz e refugar 3-4 ml de sangue (6 ml se se administraron solución de glicosa), agás se é unha mostra para cultivo, que non se refuga (INS 2016 grao II).
6. Conectar adaptador e campá de extracción.
7. Aplicar os tubos de mostras que sexan necesarios.
8. Retirar a campá con adaptador.
9.Lavar con 20 ml de SSF con técnica push-stop–push.
10. Reiniciar perfusións ou en caso de uso intermitente, opcional o selado con heparina sódica.