Definicións. Inserción PICC

0 comentarios comentarios

Definicións. Inserción PICC

CDC: Center for Disease Control and Prevention. Organización pertencente ao goberno estadounidense, referencia mundial no control e prevención de enfermidades. Establecen criterios e recomendacións con alto nivel de evidencia e rigor, e concretamente no campo de prevención de bacteriemias relacionadas co catéter venoso central.

Embolismo aéreo: complicación que se produce con máis frecuencia nas fases de inserción ou retirada do catéter, habitualmente por non clampar as liñas do catéter, permanecendo as cabezas abertas ao aire. Pode tamén producirse pola inxección de aire.

Flebite: inflamación dunha vea que adoita cursar con dor e avermellamento. Pode producirse por distintas causas: mecánicas, químicas ou infecciosas.

Heparina sódica: solución inxectable anticoagulante, indicada para realizar a selaxe dos catéteres venosos e arteriais e evitar a formación de trombos e depósitos de fibrina.

MARSI (medical adhesive-related skin injuries): lesións cutáneas producidas polo uso de adhesivos sanitarios.

PICC (peripherally inserted central catéter): catéter central de media/longa duración de inserción periférica, fabricado xeralmente en poliuretano de terceira xeración ou silicona.

Técnica de lavado push-stop-push con presión positiva: técnica de lavado intraluminal que consiste en instilar, no caso de catéteres  PICC, soro salino fisiolóxico (SSF) a emboladas (10 ml ou 20 ml), facer pequenas pausas (máis ou menos cada ml), para xerar turbulencias, e garantir a limpeza das paredes ao evitar o depósito de eritrocitos, fibrina ou substancias na luz do catéter que o acabarían obstruíndo.

Trombose: formación dun coágulo no interior dun vaso sanguíneo; pode obstruír un vaso superficial ou profundo dando orixe a complicacións menores ou maiores, respectivamente. Nunha extremidade, pode producir dor, rubefacción, inflamación, presenza de circulación colateral. Un tromboembolismo cardíaco ou pulmonar pode ser mortal.

Sweet spot: zona ideal da localización da punta do catéter, onde as probabilidades de problemas relacionados co catéter (trombose, lesión endotelial, obstrución, disfunción etc.) son as máis baixas. Abarca desde o terzo inferior da vea cava superior ata a entrada da aurícula dereita. O punto ideal é a entrada da aurícula dereita (auriculiña); o sweet spot comprende a zonas inmediatamente superior e inferior a ese punto.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde