Definicións. Colocación SNG

Definicións. Colocación SNG

.

Broncoaspiración: Entrada patolóxica na árbore traqueobronquial dunha materia ou sustancia allea á vía aérea (sangue, auga, contido gástrico, secreción oronasal, etc.), coas correspondentes consecuencias: trastornos da respiración e da hematoses, infección broncopulmonar, ocupación bronquial, pneumonía, atelectasia, etc.
 
pH: Variable que caracteriza a acidez ou basicidade dunha disolución. Corresponde ao cologaritmo da concentración molar do ión hidróxeno disolto e habitualmente mídese nunha escala de 0 a 14. O valor 7, que corresponde a auga pura, significa una disolución neutra (o sangue ten un valor lixeiramente superior a 7). Valores inferiores a 7 corresponden a disolucións ácidas, e os superiores a 7 a disolucións básicas ou alcalinas.
 
Sonda nasogástrica: Tubo flexible de plástico que se introduce a través dun orificio nasal, pola farinxe e o esófago, hasta o estómago. A súa lonxitude oscila entre 50- 120 cm, e o seu calibre mídese en French (1 Fr=0,33mm, por exemplo 18 Fr=6mm).