Colocación e coidados da SNG

Colocación e coidados da SNG

Procedemento actualizado en 2021. Revisado o apartado do procedemento en decembro de 2022.

As sondas nasogástricas úsanse frecuentemente na práctica clínica para o manexo dos pacientes que requiren descompresión do tracto gastrointestinal, para o diagnóstico e a valoración, para o apoio nutricional e/ou para a administración de medicamentos.

A inserción da sonda nasogástrica é un procedemento complexo e require dunha gran competencia e experiencia. Os erros de colocación poderían carrexar consecuencias graves.
 
Aínda que é difícil determinar con que frecuencia se producen estes erros, diferentes estudos reflicten unha variabilidade entre o 1,3 e o 3,2%. Por este motivo a valoración da correcta colocación da sonda é fundamental para reducir ao mínimo o risco de complicacións e proporcionar unha seguridade e comodidade óptimas para o paciente.

O uso de sondas nasogástricas está asociado con trastornos respiratorios (aspiración pulmonar), gastrointestinais (diarrea, estrinximento, náuseas e vómitos), problemas relacionados coa sonda (traumatismo ou ulceración nasofarínxea, úlceras nasais, oclusión da sonda, desprazamento ou desprendemento da sonda, perforación causada pola sonda) e alteracións metabólicas (deshidratación, alteracións dos niveis de electrólitos).

Este procedemento pretende documentar os coidados que se van realizar no paciente portador ou que precisa dunha sonda nasogástrica, incorporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, e garantir en todo momento a seguridade, confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.
 
AUTORAS:
• Álvarez González, Pilar. Enfermeira do Servizo de UCI Pediatría. Hospital Álvaro Cunqueiro. Área Sanitaria de Vigo.
• De la Concepción da Silva, M.ª Pilar. Enfermeira do Servizo de Medicina Preventiva.  Hospital Álvaro Cunqueiro. Área Sanitaria de Vigo.
• Fariñas Lorenzo, Begoña. Enfermeira da Unidade de Calidade de coidados. Área Sanitaria de Vigo.
• González Formoso, Clara. Especialista en Enfermería Pediátrica. Unidade de Calidade de coidados. Membro do Comité de Plans de Coidados. Área Sanitaria de Vigo
• Pardo Lemos, Inmaculada. Supervisora Unidade Calidade de coidados. Presidenta do  Comité de Plans de Coidados. Hospital Álvaro Cunqueiro. Área Sanitaria de Vigo.

COLABORADORA
• Mª del Portal González Pérez. Supervisora Urxencias Pediátricas. Área Sanitaria de Vigo.
 
REVISORES
• Yolanda García Freijeiro. Enfermeira Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Ana María Bello Jamardo. Enfermeira Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Rosa María Oubiña Betanzos. Enfermeira Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Juan Carlos Argibay Cochón. Enfermeiro Unidade de Urxencias Pediátricas. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Lidia Campos Chan. Supervisora de Procesos de Xestión. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• José Antonio Esperón Güimil. Enfermeiro de atención primaria. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.