Procedemento coidado e manexo do catéter central de inserción periférica (PICC) en adultos

Procedemento coidado e manexo do catéter central de inserción periférica (PICC) en adultos

Procedemento editado en 2019

Para facilitar o acceso á información, ofrécese ao persoal sanitario un protocolo baseado na evidencia para o coidado do catéter PICC.​​

Todo paciente que precise dun acceso vascular debe ser sometido a un proceso de valoración proactiva que atenda as condicións persoais, o tipo e a duración prevista do tratamento, co fin de escoller o dispositivo máis axeitado para cada momento. 

Seguindo as recomendacións das guías de práctica clínica máis actuais, baseadas na evidencia científica (BE), relacionadas coa terapia intravenosa e a xestión de todos os accesos vasculares, podemos facer esta elección en función dun algoritmo de actuación.​

 
Algoritmo GAL.JPG

É responsabilidade da enfermería que tras a inserción do dispositivo vascular axeitado o paciente reciba os mellores e máis actuais coidados BE. 

A enfermería debe perseguir a estandarización dos criterios de actuación, de forma que se incorporen as mellores prácticas á nosa actividade enfermeira diaria, e ofrecer uns coidados seguros, eficientes e continuos a todos os ámbitos asistenciais. Para facilitar o acceso á información, ofrécese ao persoal sanitario un protocolo baseado na evidencia para o coidado do catéter PICC.

 Autores PICCC GAL.JPG


Agradecemento a: 
  • Ana Belén Castro Giadans, enfermeira unidade de enfermería 5ºA. 
  • Myriam Martín de la Cruz, Supervisora unidade de enfermería 5ºA. 
  • Oncoloxía-UMAP. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. EOXI Santiago​