Comprobacións previas:
-Presentarse ao paciente.
-Comprobar inequivocamente a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
-Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
-Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Usar unha linguaxe comprensible e resolver as posibles dúbidas e temores.
-Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
-Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
-Comprobar a existencia de alerxias.
-Realizar a hixiene das mans segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
-Colocar o paciente na postura adecuada: sentado ou deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.
Realizar hixiene de mans e colocación de luvas non estériles (CDC 2011; categoría IB).
Desinfección de tapón fregando vigorosamente con gasa con alcohol isopropílico ao 70 %, clorhexidina alcohólica ao 2 % ou solucións iodadas. (INS 2016, grao II)
Comprobar con xiringa con 10 ml SSF a dificultade para a infusión e/ou refluxo de sangue a través da luz.
Descartar unha causa mecánica (acodamento, “efecto parede” da punta...).
Retirar bioconector e volver a comprobar se refuga.
Se non temos unha sospeita clara da etioloxía da obstrución, actuaremos coma se esta fose un coágulo na luz do catéter, xa que adoita ser a causa máis frecuente debido a un refluxo de sangue, atraso ou déficit de coidados.
Pódese intentar resolver a obstrución infundindo un axente trombolítico, segundo o protocolo do centro (de elección é a Urokinasa). Os mililitros para infundir, serán os equivalentes aos da capacidade habitual de cebado do catéter (1,3-1,5 ml), para evitar que o axente trombolítico pase ao torrente sanguíneo.
9. Intentar aspirar o contido da luz do catéter ata conseguir refluxo de sangue fluído.
10. Repetir a manobra, se é preciso, unha ou dúas veces máis, para conseguir a desobstrución e refluxo a través do catéter. Lavado posterior, unha vez conseguido o refluxo de sangue, con 20 ml de SSF usando sistema push-stop–push e clampaxe a presión positiva e poñer un novo bioconector.