Procedemento. Administración de tratamentos e contrastes

Procedemento. Administración de tratamentos e contrastes

Procedemento para a administración de tratamentos

  1. Comprobacións previas:

    -Presentarse ao paciente.

    -Comprobar inequivocamente a identidade do paciente, segundo ​o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

    -Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

    -Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Usar unha linguaxe comprensible e resolver as posibles dúbidas e temores.

    -Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

    -Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

    -Comprobar a existencia de alerxias.

    -Realizar a hixiene das mans segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

    -Colocar o paciente na postura adecuada: sentado ou deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.

  2. Realizar hixiene de mans e colocación de luvas non estériles (CDC 2011; categoría IB).

  3. Examinar o aspecto da pel no punto de inserción, e prestar atención a posibles edemas, infiltracións subcutáneas, afectacións cutáneas, supuración ou outros signos indicativos de complicacións.

  4. Desinfección de tapóns fregando vigorosamente con gasa con alcohol isopropílico ao 70 % ou clorhexidina ao 2 % con alcohol isopropílico ao 70º ou solucións iodadas (INS 2016, grao II).

  5. Antes de cada uso, comprobar permeabilidade e lavar con xiringa de 10 ml con SSF (INS 2016, grao IV)

  6. Administración do fármaco en cuestión utilizando a xiringa adecuada ao seu volume, aínda que sexa inferior a 10 ml (INS 2016, grao V).

  7. Pódese infundir contraste IV polos PICC de “alto fluxo”. Para saber que é deste tipo, na pinza, válvula ou catéter aparecen os ml/segundo que soporta o dispositivo. Se ten varios lumens, aparecerá marcado nun deles mediante CT, 4-6 ml/s ou PSI  >325.Non apto.JPG

     

  8. Se hai que administrar varios fármacos seguidos a través da mesma luz, lavar entre unha medicación e outra con 10 ml de SSF para evitar precipitados por incompatibilidades (INS 2016, grao V). Solucions.JPG

  9. Recoméndase o uso de bombas de infusión para a administración de medicación e, sobre todo, para evitar oclusións no caso de hemoderivados, NP e outras medicacións de alta densidade (INS 2016, grao IV).

  10. Lavado final con técnica push-stop–push.

  11. Opcional: selado do lumen con heparina sódica.​

Actividades PICC Gal.JPG