Colocación e coidados da SNG

5 comentarios comentarios

Colocación e coidados da SNG

Procedemento actualizado en 2021. Revisado o apartado do procedemento en decembro de 2022.

As sondas nasogástricas úsanse frecuentemente na práctica clínica para o manexo dos pacientes que requiren descompresión do tracto gastrointestinal, para o diagnóstico e a valoración, para o apoio nutricional e/ou para a administración de medicamentos.

A inserción da sonda nasogástrica é un procedemento complexo e require dunha gran competencia e experiencia. Os erros de colocación poderían carrexar consecuencias graves.
 
Aínda que é difícil determinar con que frecuencia se producen estes erros, diferentes estudos reflicten unha variabilidade entre o 1,3 e o 3,2%. Por este motivo a valoración da correcta colocación da sonda é fundamental para reducir ao mínimo o risco de complicacións e proporcionar unha seguridade e comodidade óptimas para o paciente.

O uso de sondas nasogástricas está asociado con trastornos respiratorios (aspiración pulmonar), gastrointestinais (diarrea, estrinximento, náuseas e vómitos), problemas relacionados coa sonda (traumatismo ou ulceración nasofarínxea, úlceras nasais, oclusión da sonda, desprazamento ou desprendemento da sonda, perforación causada pola sonda) e alteracións metabólicas (deshidratación, alteracións dos niveis de electrólitos).

Este procedemento pretende documentar os coidados que se van realizar no paciente portador ou que precisa dunha sonda nasogástrica, incorporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, e garantir en todo momento a seguridade, confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.
 
AUTORAS:
• Álvarez González, Pilar. Enfermeira do Servizo de UCI Pediatría. Hospital Álvaro Cunqueiro. Área Sanitaria de Vigo.
• De la Concepción da Silva, M.ª Pilar. Enfermeira do Servizo de Medicina Preventiva.  Hospital Álvaro Cunqueiro. Área Sanitaria de Vigo.
• Fariñas Lorenzo, Begoña. Enfermeira da Unidade de Calidade de coidados. Área Sanitaria de Vigo.
• González Formoso, Clara. Especialista en Enfermería Pediátrica. Unidade de Calidade de coidados. Membro do Comité de Plans de Coidados. Área Sanitaria de Vigo
• Pardo Lemos, Inmaculada. Supervisora Unidade Calidade de coidados. Presidenta do  Comité de Plans de Coidados. Hospital Álvaro Cunqueiro. Área Sanitaria de Vigo.

COLABORADORA
• Mª del Portal González Pérez. Supervisora Urxencias Pediátricas. Área Sanitaria de Vigo.
 
REVISORES
• Yolanda García Freijeiro. Enfermeira Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Ana María Bello Jamardo. Enfermeira Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Rosa María Oubiña Betanzos. Enfermeira Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Juan Carlos Argibay Cochón. Enfermeiro Unidade de Urxencias Pediátricas. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Lidia Campos Chan. Supervisora de Procesos de Xestión. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• José Antonio Esperón Güimil. Enfermeiro de atención primaria. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Comentarios:
  • avatar Carlos Salgado Álvarez dixo:
    venres, 15 de abril 2022 ás 19:01
    Hola, necesito aclaración sobre qué valor do Ph do aspirado gástrico indica correcta colocación da SNG, xa que neste procedemento aparecen dúas cifras distintas: - Na páxina 11, no punto 11, reza:"Proba de primeira liña (anexo II): medir o pH gástrico con tiras reactivas. O punto de corte da lectura do pH pode diferir segundo as fontes, pero nunca debe exceder de 5,5. Un pH entre 4 e 5,5 pode ser indicativo de que a sonda se atope a nivel esofáxico e sería necesario confirmar a posición correcta mediante radiografía...." polo cal o pH que confirmaría a correcta colocación da SNG sería menor o igual a 4... - Na páxina 22, anexo II, no segundo punto, reza: "Un pH menor o igual a 5 é considerado como seguro para iniciar a alimentación pola sonda." A miña pregunta é a que lle facemos caso en caso de obter un ph de 5, consideramos correcta a colocación da SNG ou pola contra pode ser indicativo de que a SNG se atope no esófago e precise un Rx?? Moitas grazas!!
  • avatar Josefa dixo:
    venres, 1 de outubro 2021 ás 12:29
    Tras a última revisión que imos incorporar en breve a colocación correcta do paciente en posición axeitada: idealmente sentado en posición vertical coa cabeza apoiada en almofadas; cando non se poda lograr unha posición erguida, coloque ao paciente o máis erguido posible ou recósteo de lado coa cabeza ben apoiada en almofadas.
  • avatar Antonio Barge Grande (tcae UCI) dixo:
    mércores, 22 de setembro 2021 ás 07:39
    En la preparación previa para la colocación de una Sonda nasogástrica, en el procedimiento exponen que: "8. Colocar el paciente en posición idónea: Fowler de primera elección. De no ser posible, colocar en decúbito lateral derecho y colocar empapador o toalla encima del tórax del paciente". Entiendo que la posición correcta sea Fowler (45º) pero, ¿decúbito lateral derecho en caso de no ser posible en fowler?. Por favor, me lo podían aclarar. Gracias.
  • avatar Lurdes dixo:
    mércores, 21 de abril 2021 ás 16:26
    Buenos días, me gustaría que explicaran el porqué y la justificación bibliográfica que argumenta la colocación en decúbito lateral derecho en caso de una persona inconsciente. Ya que, en la mayoría de los protocolos hacen referencia a decúbito lateral izquierdo (posición de seguridad).
  • avatar Edosvie dixo:
    mércores, 7 de novembro 2018 ás 19:03
    De ser posible , agradeceria poidesen enviar a xustificación bibliografica que avala a indicaciòn do decùbito lateral dereito sobre o esquerdo que ata o de agora segue aparecendo na maioria das guias . En relaciòn ca pròxima oposición surxiu este debate e me gustaría poder contar ca documentación existente Moitas grazas de antemàn .
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde