Procedemento da Frecuencia Respiratoria

0 comentarios comentarios

Procedemento da Frecuencia Respiratoria

.

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Non é conveniente informalo de que se lle vai medir a frecuencia respiratoria, xa que podería cambiar involuntariamente o ritmo; é conveniente medila ao mesmo tempo que outros signos vitais (pulso).
4. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento.
5. Colocar o paciente nunha posición adecuada, sentado ou deitado en posición de semi-fowler, que permita a contabilización da frecuencia respiratoria. O mal aliñamento corporal impide a correcta expansión torácica e diminúe a ventilación, e inflúe, por tanto, na frecuencia e no volume respiratorio.
6. Medir a FR:
A. Observar os movementos respiratorios, contar as elevacións (inspiracións)
do tórax e/ou abdome durante 1 minuto. Non é valido para pacientes graves ou críticos nin para os que estean baixo os efectos da dor ou traumatismos torácicos.
B. Colocar unha man no tórax do paciente de maneira que se poidan percibir os movementos respiratorios. Contar as inspiracións durante 1 minuto.
C. Auscultación: colocar o fonendoscopio no tórax e contar o número de inspiracións durante 1 minuto.
D. Nenos pequenos: cuantificar os movementos de ascenso e descenso do abdome (respiración diafragmática).
Observar o ritmo (regular ou irregular), profundidade e volume (superficial ou profundo) e características da respiración, tamén a coloración de pel e uñas e uso de músculos accesorios.
7. Desinfectar o cabezal do fonendoscopio, despois do seu uso e entre paciente e paciente, segundo recomendacións do fabricante e as normas do Servizo de Medicina Preventiva.
8. Realizar hixiene de mans, segundo procedemento.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde