Procedemento da Frecuencia Cardíaca

Procedemento da Frecuencia Cardíaca

.

 

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar ao paciente e/ou ao coidador principal do procedemento para realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais. (Grao B)
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Realizar hixiene de mans con solución hidroalcohólica segundo procedemento.
  7. Axudar ao enfermo a adoptar unha posición cómoda que permita o acceso á zona elixida.
  8. Medir o pulso:
? Pulso periférico:
  • Elixir o lugar da medición: radial (a máis empregada), braquial, carótida, temporal, femoral, tibial posterior, poplítea ou pedia.
  • Se se vai a medir na arteria radial, colocar a extremidade semiflexionada coa palma da man cara arriba.
  • Apoiar a xema dos dedos índice, corazón e anular da man dominante no punto seleccionado e localizar o latexado arterial. O uso do polgar está contraindicado porque ten pulso propio que pode confundirse co do paciente.
  • Contar durante 15 segundos, multiplicando o resultado por catro. Se o pulso é irregular cóntase durante un minuto completo e/ou tomar pulso apical.
  • Valorar o ritmo (regular ou irregular), amplitude (forte ou débil) e tensión (brando ou duro).
  • Ensinar ao paciente a maneira correcta de tomarse o pulso, cando o precise.
? Pulso apical:
  • Colocar o enfermo en decúbito supino ou semifowler.
  • Descubrir a zona do tórax correspondente ao vértice do corazón.
  • Quentar a membrana do fonendoscopio e comprobar que o son estea aberto (o metal do fonendoscopio pode estar frío e sobresaltar o enfermo, alterando o resultado).
  • Colocar a membrana timpánica na punta cardíaca (5º espazo intercostal esquerdo na liña media clavicular).
  • Contar durante 60 segundos1,7.
  • Valorar o ritmo (regular ou irregular), amplitude (forte ou débil) e tensión (brando ou duro).
  • Desinfectar o cabezal do fonendoscopio entre paciente e paciente cun algodón impregnado nun desinfectante intermedio (alcol 70º), segundo instrucións do fabricante e as normas do servizo de Medicina Preventiva.
? Toma de a frecuencia cardíaca/pulso mediante monitor:
  • Se fose necesario, rasurar o pelo da zona, a humidade e a graxa da pel pódense eliminar con auga con xabón ou antiséptico (exemplo: alcol 70º), segundo as instrucións do fabricante dos eléctrodos.
  • Colocar os eléctrodos adecuados ao paciente (adulto ou pediátrico) de forma que non supoñan un obstáculo en caso de acceso ao tórax para calquera intervención (masaxe, radiografía e ecografía, cirurxía) e coidando que non se enreden nin entorpezan movementos.
  •  En pacientes monitorados cambiaranse cada 24 horas.
  •  Colocación de eléctrodos en monitor con 3 eléctrodos:

Vermello: debaixo da clavícula preto do ombreiro dereito.

Amarelo: debaixo da clavícula preto do ombreiro esquerdo.

Negro: debaixo do apéndice xifoide.

  • Colocación de eléctrodos en monitor con 5 eléctrodos:
Vermello: debaixo da clavícula preto do ombreiro dereito.
Amarelo: debaixo da clavícula preto do ombreiro esquerdo.
Blanco: debaixo do apéndice xifoide, ou na liña axilar anterior, no quinto espazo intercostal.
Negro: bordo costal inferior dereito ou crista ilíaca dereita.
Verde: bordo costal inferior esquerdo ou crista ilíaca esquerda.

 

  • Conectar os cables do monitor aos eléctrodos do paciente e comezar a monitorar.
  • Vixiar o estado da pel para evitar lesións ou alerxias.

      9. Realizar hixiene de mans, segundo procedemento.