Para ter en conta. FR

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. FR

.

​- Debido á falta de probas dispoñibles, á hora de decidir sobre a frecuencia de medición mais apropiada para tomar os signos vitais, aconséllase utilizar o xuízo clínico de acordo coa situación de saúde do paciente (grao B).

- A medición da función respiratoria non debe ser usada como único indicador de deterioración da función fisiolóxica (nivel I).
- Recoméndase, e especialmente nos nenos menores de 5 anos, a medida da FR nun período de 60 segundos (nivel IV).
 
- As investigacións coinciden en concluír que non se debe poñer un límite de número de respiracións por minuto como un indicador dunha enfermidade respiratoria, por lo que recomendan non utilizar o valor da FR como un indicador de enfermidade grave (nivel IV).
 
- Se os movementos respiratorios son pouco perceptibles, realizar a medición colocando o fonendoscopio no hemitórax, preferiblemente no lado dereito.
 
- Ter en conta que pode darse una respiración de predominio costo-abdominal (a máis frecuente), costal (embarazadas, pacientes con ascite…), abdominal (inmobilización do tórax por dor).
 
- Se durante o procedemento o paciente tose, fala ou experimenta algún cambio que poida modificar a frecuencia, esperar uns minutos e volver a realizar a medición.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde