Para ter en conta. FC

Para ter en conta. FC

.

 
  • O paciente debe estar cómodo e relaxado. Descansará polo menos 10 minutos antes da toma do pulso.
  •  A valoración do pulso debe realizarse de forma simultánea coa toma da tensión arterial de forma sistemática nos pacientes con arritmias, a fin de detectar de maneira temperá  a existencia de arritmias cardíacas.
  • A frecuencia cardíaca pode verse afectada pola idade, o sexo, a dixestión, o exercicio, as emocións, a temperatura, a dor e a posición do corpo (ver anexo factores que modifican o pulso).
  • En presenza de patoloxías cardiovasculares débese comprobar a coincidencia entre o pulso apical e o periférico, así como a simetría coa arteria contralateral. Non tomar o pulso carotídeo en ambas as arterias de forma simultánea por risco de reacción vagal.
  • A frecuencia do pulso débese contabilizar, xa sexa en 30 ou en 60 segundos. O uso do estetoscopio recoméndase para reducir ao mínimo os erros na contaxe (Nivel I).
  • Os resultados contraditorios en investigacións dirixidas á técnica de tomar o pulso e ao tempo en segundos da súa medición coinciden e concluíron que canto máis aumenta o ritmo cardíaco tamén aumenta a magnitude do erro. Baseándose nisto os expertos aconsellan que o pulso sexa medido apicalmente utilizando un estetoscopio por un período de 60 segundos e no caso de que se requira medir con máis exactitude, non só a frecuencia cardíaca senón tamén o ritmo, aconséllase a monitorización máis avanzada (ECG) (Nivel IV).
  • Debido á falta de probas dispoñibles, á hora de decidir sobre a frecuencia máis apropiada para tomar os signos vitais, aconséllase utilizar o xuízo clínico de acordo coa situación de saúde do paciente (Grao B).