Monitorización Ambulatoria da Presión Arterial (MAPA)

Monitorización Ambulatoria da Presión Arterial (MAPA)

.

MEDIOS MATERIAIS

Tensímetro electrónico con gravadora.
 
PROCEDEMENTO
1. Seguir os manuais de uso do material dispoñible en cada centro.
2.  O manguito, similar aos de medida habitual, colócase no brazo non dominante do paciente.
3. A posición debe ser a adecuada para que o sensor funcione perfectamente; a goma sitúase cara a arriba e a frecha que vén sobre o manguito sobre a arteria braquial, axustar sen folgura e coa firmeza suficiente para que non se desprace.A posición debe ser a adecuada para que o sensor funcione perfectamente; a goma sitúase cara a arriba e a frecha que vén sobre o manguito sobre a arteria braquial, axustar sen folgura e coa firmeza suficiente para que non se desprace.
4. Os cables camúflanse por debaixo da roupa e conéctanse ao equipo rexistrador (gravadora), o cal funciona con baterías que lle dan autonomía para aproximadamente 200 lecturas.
5. Realizar unha toma de tensión arterial.Realizar unha toma de tensión arterial.
6. A gravadora pódese programar por períodos (por ex.: para inflar o manguito 15 minutos durante o día e cada hora pola noite).
7. Antes de comezar a inflalo emite un asubío.
8. Unha vez conseguida a presión necesaria esta irá baixando pouco a pouco; en caso de que se produza un erro na detección da PA, realízase unha repetición da toma pasados 2 minutos.
9. Aconséllase que durante o inflado do manguito se manteña o brazo en repouso e en extensión.
 
OBSERVACIÓNS
- Non é necesaria ningunha preparación especial; salvo avisar o paciente que acuda con roupa que permita levar o manguito no brazo de forma cómoda, é dicir, con mangas amplas.
- Hai que ter en conta que para que a utilidade da proba sexa máxima é importante
reproducir a vida cotiá, incluída a toma de medicación antihipertensiva a non ser que o médico solicitante da proba indique o contrario.

 

CONTRAINDICACIÓNS DO MAPA
- Circunferencia do brazo maior de 42 cm.
- Negativa do suxeito ou cooperación insuficiente.
- En fibrilación auricular con resposta ventricular rápida, extrasistólica ventricular frecuente ou outras taquiarritmias.