Definicións. Tensión Arterial

Definicións. Tensión Arterial

.

​- Presión/tensión arterial - medición da presión exercida polo sangue no sistema circulatorio durante as fases do ciclo cardíaco.
- Presión/tensión arterial sistólica ou máxima - é a resultante da contracción do ventrículo esquerdo o bombear o sangue cara a aorta.
- Presión/tensión arterial diastólica ou mínima - prodúcese durante o repouso do ventrículo.
- Korotkoff - a medición da presión sanguínea por auscultación baséase nos ruídos producidos polos cambios no fluxo sanguíneo, denominados ruídos de Korotkoff, e son:
- Fase I - nivel de presión no que se oen os primeiros golpes de sons leves e claros, que aumentan á medida que o manguito de desincha (punto de referencia para presión sanguínea sistólica).
- Fase II - durante o desinche do manguito, cando se oen sons de murmurio ou asubío.
- Fase III - período durante o cal os sons son máis nítidos e aumenta a súa intensidade.
- Fase IV - cando se oe un amortecemento de son claro e abrupto.
- Fase V - nivel de presión no que se oe o último son (punto de referencia para presión sanguínea diastólica).
- Autoedición da presión arterial (AMPA) - tomas da presión arterial (PA) realizadas fóra do consultorio (habitualmente no domicilio) por persoas que non son profesionais sanitarios, é dicir, polos mesmos pacientes ou os seus familiares.
- MONITORIZACIÓN AMBULATORIA DA PRESIÓN ARTERIAL (MAPA) - consiste na realización de múltiples medidas de TA fóra da consulta durante un período habitualmente de 24 horas, nas que ou individuo realiza na súa contorna a actividade física e laboral diaria.