Definicións. Glicemia capilar

Definicións. Glicemia capilar

.

Glicemia: Presenzza de glicosa no sangue, no plasma ou no soro.

Glicemia capilar: Análise do nivel de glicosa no sangue, obtida por punción de vasos capilares.

Glicómetro: Aparello para medir a concentración de glicosa nun líquido. En medicina úsanse glicómetros miniaturizados, precisos e de fácil manexo, para medir directamente a glicemia nunha gota de sangue capilar obtida por punción da xema do dedo ou o lóbulo da orella, o que facilita aos pacientes con diabetes o autocontrol da sua enfermidade. 

                         Imaxe 1.JPG

Hiperglucemia: Aumento anormal da concentración sanguínea, plasmática ou sérica de glicosa, propio dos estados de intolerancia aos hidratos de carbono, como a diabetes mellitus.

Hipoglucemia: Diminución anormal da concentración sanguínea, plasmática ou sérica de glicosa, de causa diversa, que cursa con síntomas vexetativos, como fame, sudación, palpitacións, tremor, ansiedade, cambios do comportamento, confusión, crises convulsivas e perda do coñecemento; se se prolonga no tempo, pode producir a morte. Con frecuencia é iatróxena, por administración excesiva de insulina ou algúns antidiabéticos orais.

Lanceta de seguridade: dispositivo de plástico dun só uso, con agulla incorporada, preparada para minimizar a dor e a lesión na pel. Está dotado dun sistema de seguridade: despois da punción a agulla retráese de forma automática e irreversible dentro do dispositivo.

Mostra de sangue capilar: Obtención dunha mostra de sangue arteriovenosa periférica por punción transcutánea do corpo, como no talón, nun dedo ou outro lugar.

Tira reactiva de glicosa: son microchips que permiten realizar nunha gota de sangue a determinación de glicemia. Son soportes plásticos de distintos tamaños que conteñen un reactivo nunha zona especial na tira que, en contacto coa mostra de sangue, producen unha reacción que mediante un aparello medidor (reflectómetro ou biosensor) permite coñecer o nivel da glicemia.