Procedemento de adm. iv de citostáticos

1 comentarios comentarios

Procedemento de adm. iv de citostáticos

.

​ Procedemento

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

2.Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais. (Grao B)

4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

6. Seguindo os cinco principios de administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco. (Grao B)

7. Comprobar a prescrición coa etiqueta do fármaco e que ambas as dúas están claramente escritas. Comprobar ademais a data de caducidade e a súa axeitada conservación, data de apertura, a integridade deste e a ausencia de partículas en suspensión. (Grao B).

8. Preparar a medicación para a súa administración de forma individualizada, e quen a prepare será o encargado de administrala, exceptuando os casos de elaboración ou mestura por parte do servizo de farmacia.Traballadores sensibles.pdfTraballadores sensibles.pdf

9. Comprobar a administración previa da medicación prescrita: pauta de hidratación, pauta antiemética, terapias coadxuvantes establecidas en cada caso.

10. Informar o paciente sobre a duración aproximada da administración e os posibles efectos secundarios e solicitar a súa colaboración para que informe de inmediato o persoal de enfermería responsable dos posibles efectos secundarios ante a aparición de calquera síntoma anómalo ou posible indicativo de extravasación, como sensación de queimura, dor ou tumefacción na zona da punción venosa. (Grao C)

11. Realizar a hixiene de mans cun antiséptico ou solución hidroalcohólica e colocación de luvas segundo protocolo. (Nivel I)

12. Colocar un pano impermeable enriba dunha mesa auxiliar ou superficie de apoio estable.

13. Depositar os citostáticos preparados en xiringa na mesa ou superficie de apoio enriba do pano e ordenados segundo a orde de administración determinada na folla de tratamento. Os citostáticos diluídos colocaranse nos ganchos do pé do goteiro por orde de administración.Actuación en caso de derramamento.pdfActuación en caso de derramamento.pdf

14. Se hai que canalizar a vía de administración realizar a técnica segundo o procedemento de canalización de vía venosa, tendo en conta as recomendacións sobre a elección e lugar de punción así como o tipo de catéter.Eleccion via e canula intravenosa.pdfEleccion via e canula intravenosa.pdf

15. Unha vez canalizada a vía de administración, compróbase a integridade e o fluxo da vea administrando 5-10ml de soro fisiolóxico, soro glicosado ao 5 % ou outra solución compatible co medicamento que se vai administrar, e extraese unha pequena cantidade de sangue (1 ou 2 cm). (Grao A)

16. Prestar especial coidado nas conexións empregando sempre que sexa posible conexións tipo Luer-Lock ademais de equipos sen agullas e equipos de perfusión pechados.

17. Se hai outras perfusións pola mesma vía, suspendelas. (Grao A)

18. Conectar o citostático ao sistema de infusión axeitado. (Nivel IV)

19. Programar a bomba de infusión, comprobando volume e velocidade de infusión.. Programar a bomba de infusión, comprobando volume e velocidade de infusión. Resetear a cero a bomba antes de comezar o tratamento dun paciente ou co mesmo paciente antes de cambiar de citostático.

20. Procurar que no caso de accidente o medicamento non toque a pel do paciente, colocando unha gasa debaixo das conexións.

21. Iniciar a administración, tendo en conta os seguintes aspectos:

  • A expulsión de posibles burbullas da xiringa e a purga do sistema de infusión realizarase colocando una gasa estéril impregnada de alcohol 70° ou outro antiséptico, onde se recollerá a solución de medicamento que poida ser vertida.
  • A administración do medicamento efectuarase lentamente, sen utilizar unha presión excesiva, con un fluxo de 5ml/min durante 3 a 7 minutos aproximadamente e en todo caso respectando as pautas indicadas en cada preparado con respecto á velocidade e concentración.4
  • Os fármacos citotóxicos perfúndense en “Y” a través dunha conexión lateral. Deste xeito pódese comprobar en calquera momento o correcto refluxo venoso, suprímese instantaneamente a subministración do citotóxico sen necesidade de retirar a vía ou ben realizar lavados da vea.
  • Durante a administración directa extraerase sangue cada 1-2 ml para comprobar a axeitada colocación da agulla.
  • Comprobarase o acceso venoso de forma continuada durante o tempo de administración.

22. En caso de administración de máis dun medicamento citostático, aplicar as seguintes pautas xerais:

  • Respectar a orde de administración establecida na folla de tratamento.
  • Comprobar a integridade da vea antes de cada administración.
  • Despois da perfusión de cada un dos medicamentos lavar a vía cun fluído compatible co citostático (3 a 5 ml de soro fisiolóxico ou de soro glicosado ao 5 %) para evitar posibles interaccións entre os diferentes medicamentos.
  • Ao finalizar a administración dos axentes citostáticos administrar 10-20 ml de soro fisiolóxico ou de soro glicosado ao 5 % para lavar o conduto e evitar o refluxo de sangue. (Grao A)

23. Durante todo o proceso de administración, o persoal de enfermería debe manter unha vixilancia constante do paciente para detectar a aparición de signos indicativos de posible extravasación, reaccións adversas e atender a calquera síntoma manifestado polo paciente.Extravasacións.pdfExtravasacións.pdf

24. Comprobar mediante a aspiración cunha xiringa a través da cánula; se non se obtén sangue é moi probable que se producise a extravasación.

25. Unha vez finalizada a perfusión, retirar todo o material en contacto co citostático e desbotar nos contedores específicos para a correcta eliminación dos residuos citostáticos segundo a política de xestión de residuos.

26. Realizar lavado de mans. (Nivel I)

27. Realizar control de diurese e balance do paciente nos casos en que o facultativo o prescriba.

 

Comentarios:
  • avatar zoila Maria Torres Ibarra dixo:
    sábado, 11 de decembro 2021 ás 18:00
    Mil gracias por la informacion muy util para una correcta administraion de los medicamentos
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde