Procedemento adm. medicación vía ótica

0 comentarios comentarios

Procedemento adm. medicación vía ótica

Procedemento

Antes da administración
1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
3. Informar ao paciente e/ou ao coidador principal do procedemento a realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais.
4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
5. Identificar aos profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
6.Seguindo os cinco principios da administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe
contraindicación ou alerxia ao fármaco. Seguimento e monitorización de posibles reaccións alérxicas medicamentosas (RAM) ou efectos adversos (EA).
7. Identificar correctamente o oído onde imos aplicar o tratamento, dereito,
esquerdo ou ambos.
8. Asegurar que todo o equipamento necesario estea á man.


Preparación do paciente:
9. Lavado hixiénico das mans.
10.Se existe risco de exposición a fluídos biolóxicos, poñer luvas.
11.Retirar as próteses auriculares en ambos oídos, se as tivese.


Administración da medicación
12.Colocar ao paciente en decúbito lateral, sobre o lado contrario ao oído onde se instilase a medicación, ou sentado, coa cabeza inclinada cara ao lado oposto.
Anexo II. GAL.JPGImaxes da correcta administración de fármacos óticos.JPG
13. Limpar o pavillón auricular cunha gasa humedecida non só para remover
secrecións ou cerume senón para limpar de corpos estraños.
14.Abrir o envase que contén o fármaco e deixar a tapa boca arriba, de maneira que non se contaminen os bordos. Rotular o envase coa data de apertura (só se usará ata un mes despois da apertura) e será de uso individual.
15.Aliñar o conduto auditivo estirando suavemente o pavillón da orella, nos adultos e nenos maiores de 2 anos en dirección cara arriba e cara atrás e nos nenos de menos de 2 anos cara abaixo e cara atrás.
16. Instilar as gotas e deixar que estas esvaren pola parede do conduto auditivo, se caen directamente no conduto poden provocar dor. O contagotas non debe tocar o pavillón auricular.
17. Pedirlle ao paciente que permaneza en decúbito lateral de 5 a 10 minutos. Esta posición permite que o fármaco descenda polo conduto auditivo.
18.Se houbese que administrar o fármaco en ambos os oídos, hai que facelo dunha maneira secuencial e deixar transcorrer 5 minutos entre as dúas administracións.
Deste xeito, evítase a saída do medicamento e favorece que o oído externo se impregne adecuadamente.
19. Limpar en caso de que o oído zumegue.
20. Cerrar o frasco de modo aséptico, co fin de evitar que se produza calquera tipo de contaminación.
21. Axudarlle ao paciente a que adopte a postura previa, colocándose primeiro uns minutos en sedestación e despois en bipedestación.
22. Quitar as luvas e realizar o lavado hixiénico das mans.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde