Para ter en conta. Adm. medicación vía sublingual

Para ter en conta. Adm. medicación vía sublingual

Observacións

 • Non extraer medicamentos dos envases ata que se vaian administrar
 • Preservar os comprimidos da humidade, luz e aire. Se non están rañurados non partilos pola dificultade de precisión de doses. 
• Na preparación da medicación a enfermeira/o debe reunir todos os elementos necesarios para que haxa as mínimas interrupcións no procedemento (nivel IV).
• A preparación e administración do fármaco executaraa o mesmo profesional.
• Para previr a aspiración, recoméndase que os pacientes con risco tomen a medicación sentados (grado B).
• Ademais de revisar as datas de caducidade, comprobe que o medicamento estea en perfectas condicións. Se observa calquera característica inusual, como falta de etiqueta, nome ilexible, indicios de deterioración..., devólvao ao Servizo de Farmacia.
• Se é a primeira vez que é administrado un medicamento, estea alerta, en especial nos casos de hipersensibilidade coñecida a outros fármacos.
• Recoméndase realizar dobre control cando se administren medicacións de alto risco, como narcóticos e sedantes.
• Se se trata de comprimidos bucodispersables, débense manter na cavidade oral ata a súa completa disolución.
• No caso de vómitos, valorar a absorción do medicamento. Se estes se producen antes de media hora, consultar co médico a posibilidade de repetir a dose.
• Evitar fumar previamente, polo menos unha hora antes (o fume do tabaco constrinxe os vasos  sanguíneos e as membranas mucosas da boca, o que reduce o nivel de absorción).
• Coñecer a acción e os efectos secundarios do medicamento antes da súa administración.
• As variacións do pH bucal poden alterar a absorción do medicamento.
• Cando se administre en combinación con outros medicamentos, debe tomarse no último lugar.
• Esperar para enxaugar ou beber uns minutos despois de disolto o medicamento para asegurar a súa total absorción nas membranas mucosas.
• A sequidade da boca reduce a disolución e a absorción dos fármacos por esta vía.
• O cualificativo “flas” ou “flash” nos medicamentos fai referencia ás formas bucodispersables liofilizadas que se disolven na boca.