Para ter en conta. Adm. medicación v. intradérmica

Para ter en conta. Adm. medicación v. intradérmica

.

  • No caso de que non se formarse a pápula ao inxectar a medicación é que se realizou a punción moi profunda, valorar repetir a proba (nivel IV).

  • No caso de repetir a proba, o novo lugar de inxección debe situarse polo menos a 5 centímetros do primeiro.

  • Se a inxección intradérmica é para o test de tuberculina (Mantoux) ou para probas de alerxia, rodear a zona de inxección cun rotulador indeleble trazando un circulo de entre 2 e 4 centímetros de diámetro, débese ter precaución de non fregar, nin lavar a zona de inxección, incluíndo o círculo pintado. Non cubrir a zona con ningún material (apósito, gasas, adhesivos...).

  • A dose de medicación por vía intradérmica adoita ser entre 0,1 e 0,3 ml.

  • A zona de inxección máis frecuente é a cara anterior do antebrazo, catro dedos por encima da flexura do pulso e dous dedos por baixo da flexura do cóbado; tamén se poden utilizar outras zonas como a parte anterior e superior do tórax, por baixo das clavículas e a parte superior das costas, á altura das escápulas.

  • Deben evitarse as zonas con manchas, lesións, peluxe ou tatuaxes (nivel IV).

  • É importante ter coñecemento da técnica de inxección e dos fármacos que se administran (grao B).

  • Vixiar o paciente para detectar precozmente efectos adversos producidos polos fármacos administrados.

  • Unha técnica incorrecta pode dar lugar a úlceras locais, abscesos ou queloides (nivel IV).

  • Preparar o carro de reanimación por se o doente fose alérxico ao antíxeno inxectado, no caso de probas de sensibilidade.

  • No caso de utilizar viais multidose, rotular e comprobar sempre a data de apertura no vial.