Obxectivos e diagnósticos enfermería. Adm. medicacion vía ótica

Obxectivos e diagnósticos enfermería. Adm. medicacion vía ótica

                              
.

OBXECTIVOS

 
Obxectivo xeral
Unificar as actuacións na administración de medicamentos por vía ótica.

Obxectivos específicos
• Administrar con seguridade e unha asepsia adecuada os fármacos a través da vía ótica.
• Proporcionar os coñecementos necesarios para aplicar correctamente medicamentos óticos con fins diagnósticos, profilácticos e/ou terapéuticos.

Diagnósticos de enfermería relacionados
 
Diagnósticos NANDA
  • 00004 Risco de infección.
  • 00126 Coñecementos deficientes.
  • 00132 Dor aguda.
  • 00133 Dor crónica.
  • 00161 Disposición para mellorar os coñecementos.
  • 00182 Disposición para mellorar o autocoidado.
  • 00276 Autoxestión ineficaz da saúde.
  • 00293 Disposición para mellorar a autoxestión da saúde.
  • 02380 Manexo da medicación.