Obxectivos e diagnósticos enfermería na adm. de medicación v.oral

0 comentarios comentarios

Obxectivos e diagnósticos enfermería na adm. de medicación v.oral

.

OBXECTIVO

Obxectivo xeral:
 
Estandarizar os criterios de actuación na utilización da vía oral como vía de administración de medicamentos, co fin de reducir a variabilidade clínica e incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.

 
Obxectivos específicos:  
  • Administrar con seguridade os fármacos a través da vía oral.
  • Prever posibles complicacións derivadas da administración de fármacos por vía oral.

 

Diagnósticos de enfermería relacionados
 
Diagnósticos NANDA
 
  • 00036 Risco de asfixia
  • 00037 Risco de intoxicación
  • 00039 Risco de aspiración
  • 00078 Xestión ineficaz da propia saúde
  • 00103 Deterioración da deglutición (este diagnóstico será retirado da Taxonomía NANDA-I na edición 2021-2023 a no ser que se complete o nivel de evidencia ata 2.1 ou superior con traballo adicional).
  • 00126 Coñecementos deficientes
  • 00162 Disposición para mellorarla xestión da propia saúde

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde