Definicións. Adm. medicación v. inhalatoria

Definicións. Adm. medicación v. inhalatoria

.

Cámaras espazadoras: Son tubos abombados cun furado en cada extremo, nun deles acóplase un inhalador e o outro vai á boca do paciente. Son dispositivos deseñados para mellorar o rendemento dos ICP. Aumentan a distancia entre o cartucho presurizado e a boca do paciente e diminúen a velocidade das partículas. Favorecen a evaporación dos propelentes, e diminúen con iso a sensación desagradable producida pola entrada e evaporación do solvente na orofarinxe. Desta forma diminúen o impacto orofarinxeo e, como consecuencia, os efectos secundarios locais.
Así mesmo, evítase o importante problema de coordinación entre pulsación e inspiración, principal inconveniente dos ICP, diminúese a biodispoñibilidade sistémica e auméntase a distribución pulmonar dos fármacos.

 

 
Inhaladores con cartucho presurizado(ICP): Dispositivos para a administración de fármacos por vía inhalatoria a través de aerosois inhaladores, con ou sen cámara expansora; poden ser convencionais, activados pola inspiración ou acoplados a cámaras de inhalación.

 

 

 
Inhaladores de po seco: Dispositivos para administración de fármacos por vía inhalada a través de pó seco, con sistema de dose única ou multidose. (Turbuhaler®, Accuhaler®, Aerolizer®).

 


Nebulizadores: Aparellos que permiten a administración por vía inhalada de fármacos en forma de partículas de aerosol. Crean unha fina néboa rompendo a tensión superficial do fármaco a administrar que irá diluído en soro fisiolóxico.


Vía inhalada: Vía de administración de medicamentos con acción directa sobre os pulmóns, cunha maior rapidez, cunha dose máis pequena de fármaco e menor incidencia de efectos secundarios.