Definicións. Adm. medicación por vía oral

0 comentarios comentarios

Definicións. Adm. medicación por vía oral

.

Administración de medicamentos: Introdución dun fármaco no organismo con fins terapéuticos ou diagnósticos pola vía e na dose e pautas posolóxicas adecuadas para conseguir a máxima eficacia co mínimo risco.
Biodispoñibilidade: Parámetro farmacocinético que representa a extensión e a velocidade con que unha substancia ou principio activo alcanzan a circulación xeneral.
Erro de medicación: calquera incidente evitable que poida causar dano ao paciente ou dea lugar a unha utilización inapropiada dos medicamentos, cando estes están baixo o control dos profesionais sanitarios ou do paciente. Estes incidentes poden estar relacionados coa práctica profesional, cos procedementos ou cos sistemas, incluíndo fallos na prescrición, comunicación, etiquetaxe, envase, denominación, preparación, dispensación, distribución, administración, educación, seguimento e utilización.
Evento adverso: incidente que causa dano ao paciente. Tamén se denomina incidente con danos.
Ianus: Historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde.
Principio activo: toda substancia ou mestura de substancias destinadas á fabricación dun medicamento e que, ao ser utilizadas na súa produción, se converten nun compoñente activo do dito medicamento destinado a exercer unha acción farmacolóxica, inmunolóxica ou metabólica co fin de restaurar, corrixir ou modificar as funcións fisiolóxicas, ou de establecer un diagnóstico.
Vía oral: Vía de administración na que os medicamentos se depositan na cavidade bucal para a sua deglución e posterior absorción gastrointestinal. É adecuada para os tratamentos crónicos e require voluntariedade, pero non debe utilizarse se o fármaco irrita a mucosa gastrointestinal, se o paciente está semiinconsciente, se foi sometido a unha intervención cirúrxica que aconselle repouso dixestivo ou se padece vómitos.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde