As desvantaxes da administración rectal inclúen a variación significativa da dose necesaria para producir os efectos necesarios, o atraso ou absorción limitada debida á pequena superficie do recto, á presenza de materia fecal ou estrinximento.
As contraindicacións xerais para a administración de calquera enema son: pacientes con patoloxía anorrectal (hemorroides, fisuras, abscesos…) ou unha intervención cirúrxica moi recente na zona perineal ou abdominal e pacientes cardíacos. Tampouco se recomenda a administración de enema ante a sospeita de apendicite, peritonite ou calquera tipo de patoloxía a nivel abdominal.
As formas de administración rectal úsanse para conseguir efectos locais. O fármaco introdúcese no organismo directamente (supositorios) ou coa axuda dalgún mecanismo (lavativa, sonda rectal...).
Se o supositorio é de efecto laxante, administrarase 30 minutos antes das comidas, xa que o aumento do peristaltismo facilita a súa acción. Indicar ao paciente que defeque cando apareza a sensación. Se non é laxante, administrarase entre as comidas e intentarase retelo.
Un supositorio brando pégase ao envoltorio, así é máis difícil de introducir no ano. Para aumentar a consistencia do medicamento podemos colocalo uns minutos no frigorífico ou baixo un chorro de auga fría.
O obxecto de afiar unha parte do supositorio é que ao introducilo no ano pola parte recortada, cando está totalmente introducido, o esfínter anal preme sobre a parte afiada, empuxando o supositorio cara enriba no interior do recto, onde se encontran os plexos venosos que se encargarán da absorción do principio activo. Débense administrar pola parte plana do supositorio.
Se fose necesario fraccionar o supositorio, farémolo lonxitudinalmente.(Os supositorios teñen unha forma cónica ou ovoidea alongada, de tal xeito que se se partisen transversalmente, non se estaría introducindo o 50% da dose.
No caso de utilizar una solución rectal (microenema medicamentoso) inserir a cánula no ano, previamente lubricada, premer mantendo o microenema en posición inclinada e retiralo sen deixar de exercer a presión.
No caso de cánula comprimir o tubo para expulsar o medicamento a través do ano ao recto. Para as pomadas de uso interno débese introducir profundamente o aplicador. Suspender o procedemento se se advirte resistencia ao introducir a cánula, non forzar e notificar ao médico.
Os enemas de retención, poranse sempre entre as comidas e a unha temperatura de 40 grados para non estimular o peristaltismo. Procurar aguantar o líquido uns 30 minutos. Administralo cunha sonda o máis fina posible para producir menos presión sobre o recto e menos sensación de defecar.
Enema de eliminación: procurar conter o líquido uns 15 minutos e non máis de 30.
Vixiar durante a técnica a aparición de resposta reflexa vagal. Non utilizar en pacientes cardiópatas porque se pode provocar unha reacción vagal por estimulación do sistema nervioso parasimpático.(1, 2, 8)
Asegurarse de que o fármaco non impacta na masa fecal, pois non se absorbería correctamente.
O baleiramento do intestino débese evitar aproximadamente 1 hora despois da inserción do supositorio para permitir a completa absorción.
Extremar precaucións en caso de hemorroides, actuando con suavidade e delicadeza.