Para ter en conta. Vía rectal

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Vía rectal

.

  • As desvantaxes da administración rectal inclúen a variación significativa da dose necesaria para producir os efectos necesarios, o atraso ou absorción limitada debida á pequena superficie do recto, á presenza de materia fecal ou estrinximento.
  • As contraindicacións xerais para a administración de calquera enema son: pacientes con patoloxía anorrectal (hemorroides, fisuras, abscesos…) ou unha intervención cirúrxica moi recente na zona perineal ou abdominal e pacientes cardíacos. Tampouco se recomenda a administración de enema ante a sospeita de apendicite, peritonite ou calquera tipo de patoloxía a nivel abdominal.
  • As formas de administración rectal úsanse para conseguir efectos locais. O fármaco introdúcese no organismo directamente (supositorios) ou coa axuda dalgún mecanismo (lavativa, sonda rectal...).
  • Se o supositorio é de efecto laxante, administrarase 30 minutos antes das comidas, xa que o aumento do peristaltismo facilita a súa acción. Indicar ao paciente que defeque cando apareza a sensación. Se non é laxante, administrarase entre as comidas e intentarase retelo.
  • Un supositorio brando  pégase ao envoltorio, así é máis difícil de introducir no ano. Para aumentar a consistencia do medicamento podemos colocalo uns minutos no frigorífico ou baixo un chorro de  auga fría.
  • O obxecto de afiar unha parte do supositorio é que ao introducilo no ano pola parte recortada, cando está totalmente introducido, o esfínter anal preme sobre a parte afiada, empuxando o supositorio cara enriba no interior do recto, onde se encontran os plexos venosos que se encargarán da absorción do principio activo. Débense administrar pola parte plana do supositorio.
  • Se fose necesario fraccionar o supositorio, farémolo lonxitudinalmente.(Os supositorios teñen unha forma cónica ou ovoidea alongada, de tal xeito que se se partisen transversalmente, non se estaría introducindo o 50% da dose.
  • No caso de utilizar una solución rectal (microenema medicamentoso) inserir a cánula no ano, previamente lubricada, premer mantendo o microenema en posición inclinada e retiralo sen deixar de exercer a presión.
  • No caso de cánula comprimir o tubo para expulsar o medicamento a través do ano ao recto. Para as pomadas de uso interno débese introducir profundamente o aplicador. Suspender o procedemento se se advirte resistencia ao introducir a cánula, non forzar e notificar ao médico.
  • Os enemas de retención, poranse sempre entre as comidas e a unha temperatura de 40 grados para non estimular o peristaltismo. Procurar aguantar o líquido uns 30 minutos. Administralo cunha sonda o máis fina posible para producir menos presión sobre o recto e menos sensación de defecar. 
  • Enema de eliminación: procurar conter o líquido uns 15 minutos e non máis de 30.
  • Vixiar durante a técnica a aparición de resposta reflexa vagal. Non utilizar en pacientes cardiópatas porque se pode provocar unha reacción  vagal por estimulación do sistema nervioso parasimpático.(1, 2, 8)
  • Asegurarse de que o fármaco non impacta na masa fecal, pois non se absorbería correctamente.
  • O baleiramento do intestino débese evitar aproximadamente 1 hora despois da inserción do supositorio para permitir a completa absorción.
  •  Extremar precaucións en caso de hemorroides, actuando con suavidade e delicadeza.  

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde