Administracion de medicación por vía nasal

0 comentarios comentarios

Administracion de medicación por vía nasal

Procedemento elaborado en 2021

A administración de medicamentos por vía intranasal baséase en que a mucosa nasal é rica en capilares sanguíneos e permite o paso do fármaco de forma fácil e rápida á circulación sistémica. A mucosa nasal, que está moi vascularizada, e o tecido olfactorio, que está en contacto directo co sistema central, permiten que a medicación administrada se transporte rapidamente ao cerebro e ao torrente circulatorio, con comezos de acción similares aos da terapia intravenosa. Tamén se evita o efecto de primeiro paso hepático, o que contribúe a unha maior biodispoñibilidade da medicación. Esta vía é de fácil acceso, barata e non require técnica estéril nin cruenta.
 
A absorción do medicamento pódese ver afectada pola presenza de moco ou de sangue que actúen de barreira ou por situacións nas que varíe a perfusión da mucosa nasal (rinoplastias, neoplasias, malformacións, patoloxías intranasais…), nas que o uso desta vía pode estar contraindicado.
 
A finalidade deste procedemento é elaborar un documento que sirva de guía para os profesionais sanitarios no que respecta á administración de fármacos por vía nasal, de modo que se reduza a variabilidade clínica, se incorporen as mellores prácticas na actividade asistencial e se garanta unha administración eficaz e segura.
 

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.
 
AUTORES:
  • Campos Chan Lidia. Enfermeira. Supervisora de Procesos de Xestión. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Esperón Güimil José Antonio. Enfermeiro. Subdirector do Hospital Provincial e Montecelo. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Argibay Cochón Carlos. Enfermeiro. Subdirector do Hospital do Salnés. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Bas Méndez Montserrat. Enfermeira. Supervisora Xeral do Hospital Provincial de Pontevedra. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Recamán Lagos José Manuel. Enfermeiro. Centro de Saúde de Meaño. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Rosendo Fernández José Manuel. Enfermeiro. Supervisor de Procesos de Coidados de Enfermería. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
  • Sánchez Radío Silvia. Enfermeira. Supervisora de Docencia e Formación Continuada. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.


REVISORES:

  • Aneiros Castro Mónica María. Enfermeira. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Rumbo Prieto José María. Enfermeiro. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Lage Rial Francisco Javier. Técnico Coidados Auxiliares de Enfermería. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Pita Miño Pedro. Enfermeiro. Área Sanitaria de Ferrol.
  • Begoña Fariñas Lorenzo. Enfermeira. Área Sanitaria de Vigo.
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde